XUNTANZA LNB 15 MARZO 2014

0
168
   Antes da celebración do ALL STARS 2014 (CARBALLO-A CORUÑA) houbo dúas xuntanzas para debatir aspectos da LNB, en xeral, e do PLAY OFF 2014, en particular. A primeira foi conxunta das
Conferencias Sur e Rías Baixas, o día 8 marzo en Figueirido (VILABOA-PONTEVEDRA), e a segunda foi na NorLeste o 12 de marzo (xuntanza
ordinaria de ACD O Varal RIBADEO-LUGO).
Estes foron os temas tratados e os acordos aos que se chegaron en cada xuntanza.
Xuntanza
conxunta equipos LNB das Conferencias


RÍAS
BAIXAS e SUR




En Figueirido, parroquia de Vilaboa,
provincia de Pontevedra, cando son as 19:00 horas do día 8 de marzo
de 2014
(Día
Internacional da Muller Traballadora e Billardeira
),
ven de celebrarse una xuntanza
conxunta de equipos LNB das Conferencias Sur e Rías Baixas, aos
efectos de consensuar propostas organizativas de cara a presentalas
nunha xuntanza de tódalas Conferencias a celebrar en Carballo (A
Coruña) o vindeiro sábado día 15 de marzo, con motivo do All Stars
2014




Equipos
representados:


  • GHARABOTO
  • LÚA
    DE FORZA
  • ZUME
    DE VIMBIA
  • CORREDOIRAS
  • RINOCERONTE
  • ANDARELA
  • VALPAÇOS
  • OS
    DE TORRES
  • CASELLEDÍN


Temas
a expoñer:


  1. Número
    de clasificados por conferencia para o play off nacional
  2. Posibilidade
    de establecer a categoría Infantil
  3. Outros
    que puideran xurdir




  1. NÚMERO DE CLASIFICADOS
    POR CONFERENCIA


Tendo en conta a grande diferenza que
existe de participantes nas distintas Conferencias, aínda que para
esta tempada teñen asignado un número igual de 12 clasificados,
estimamos que, sen minorar o mesmo, poderíase incrementar algunha
praza das Conferencias con máis participantes, deste xeito
chegaríase aos 80 palanadores na final.


A saber: 6 Conferencias (contando
Andalucía) con 12 representantes, serían 72, ós que habería que
engadir os 2 que acaden a clasificación a través do All Star, polo
que, deste xeito, serían 74. Logo quedarían 6 postos a cubrir a
maiores polas Conferencias con máis participantes.


Deberíase ter en conta a confirmación de
Andalucía que, se reduce o seu número de participantes, quedarían
máis vacantes a cubrir.


Proposta acadada por maioría.




  1. CATEGORÍA INFANTIL


Tamén por maioría disponse propoñer a
creación da categoría

Infantil
, cun número de
participantes a establecer. Esta categoría xogaría na xornada
matutina, entendendo que non retrasaría o normal desenvolvemento da
xornada, dado que ao contar con catro campos, poderíanse alternar
coa categoría Feminina, seguindo a xornada vespertina coa mesma
configuración.




  1. Outras propostas acadadas
    por maioría




  • Incremento do número de participantes
    da categoría Feminina


Dado o grande incremento da participación
feminina en algunhas Conferencias, proponse elevar o seu número a
6-7 por Conferencia (debendo establecerse o número definitivo dun
xeito proporcional tendo en conta a súa participación por
Conferencia)


  • Xogadores inactivos fichados
    para a final


Proponse que se estableza expresamente se
algún palanador que non tivese participación algunha durante a
tempada, pode ou non pode representar a un equipo na final nacional.


  • Alternativas ao lugar designado para o
    Play Off final


Aos efectos de facer máis participativas
a tódalas Conferencias, así como dunha meirande difusión da
billarda por tódolos recunchos de Galicia, entendemos que podería
establecerse que o Play Off final fose rotativo, facéndose cargo do
mesmo unha Conferencia por tempada, tanto a nivel organizativo como
de agasallos.




Sen mais, remátase o acto cando son as
20:00 horas.
 
Xuntanza
LNB Conferencia


  Norleste
En
Ribadeo a 12 de marzo de 2014, reunidos en sesión ordinaria, a
directiva da ACD O Varal, entre outros tomou os seguintes acordos:


Con
referencia aos Play Off finais:


Considérase
que o lugar de celebración das finais debe seguir sendo Santiago
(Conxo, Marrozos, Lestedo), por ser o lugar axeitado e con mais que
suficientes infraestructuras para acoller este evento. Este ano está
confirmado Marrozos.


A
data queda establecida no derradeiro domingo de maio de cada ano. En
principio seguiría sendo así contemplándose a posibilidade de
cambiala sempre co consenxo xeral das conferencias e denantes do
comezo de cada tempada.


As
categorías para participar serán as que ata agora se veñan
desenrolando e dicir:


Categoria
Individual absoluta.


Categoria
de donas.


Categoria
de equipos.


Categoría
de Varados.


A
categoría infantil considerase secundaria e podría dar lugar a
inconvintes organizativos, de tempo e inclusive cun plus de
perigosidade engadida. Ainda así non se pecha a posibilidade de
levala adiante sempre que non entorpeza o normal desenrolo da
competición establecida.


Tendo
en conta os distintos índices de participación que se veñen dando
nas conferencias, creese convinte restructurar ou adecuar o número
de participantes de cada una delas, considerando un máximo de 64
xogadores individuais para a categoría absoluta, 32 no caso de donas
e manter en 8 os equipos finalistas así como en cinco os
participantes na final de varados.


(Habería
que darlle una volta as conferencias e ver si non está sendo
contraproducente ter tantas. Centro e NorOeste poderían fundirse
nunha soa o mesmo que Rias Baixas e Sur. Algo para pensar sempre ca
mira posta no futuro da competición).


En
canto a asignación de postos nas distintas conferencias sería
proporcional ao número de participantes habituais en cada una delas
(non contando xogadores ocasionais que non disputasen alomenos o 80%
das xornadas).


Asi
este ano o reparto de postos podería ser algo como o seguinte:

Asi este ano o reparto de postos podería ser algo
como o seguinte:



CONF.           EQUIPOS   ABSOLUTA   DONAS   VARADOS



ALL  STARS        —                2                 —               —



Andalucía         ¿?               4                 2               ¿?



Centro                1              10                5               4



NorLeste           
2              14                7               5



NorOeste           1                8                 3               3



Rias Baixas       2              14                9               5




Sur                     
1               12                6               5
    

TOTAL                7               64              32              23

 

As
prazas libres ATA O MÁXIMO ESTABLECIDO, poderían ocupalas os
seguintes palanadores mellor clasificados ou das conferencias mais
concurridas.


Os
equipos que non alcanzen os 6 xogadores para a final, poderían
incorporar xogadores que non estiveses inscritos ou xogasen noutros
equipos nesa tempada.


Os
xogadores inscritos nun equipo so poderían clasificar en calquera
das categorías na conferencia a que perteneza o seu equipo, non
permitíndose saltos de conferencia ou clasificacións en distintas
conferencias.


Considerase
necesario incidir mais una vez, na obligatoriedade de respectar as
medidas regulamentarias en paláns e billardas.


O
sistema de xogo podería valer o do ano pasado. Na final absoluta
serían 8 grupos de 8 xogadores procurando que sexan o mais
equilibrados que se poida e pasarían 4 de cada grupo para facer xa
as eliminatorias individuais.


Isto
é todo o referente as finais do 25 de maio de 2014.

     

 No ALL STARS de Carballo falouse sobre estos temas e aínda que
non se chegou a ningún acordo concreto, si se viu a inquietude por ter
un regulamento definitivo e común para tódalas conferencias e
establecer unhas normas e un sistema de xogo para as finais de Santiago
que non varíe dun ano para outro. Votádelle una ollada a estos
documentos. É importante calquera aportación ou suxestión que nos leve a
seguir medrando tanto en cantidade como en calidade deportiva.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome