Xornadas LNB fin de semana. Adiada LNB RIB. LNB NOR Roi Morís regresou con vitoria

0
179

 

 

O sábado non se celebrou a segunda xornada na LNB RIB pola choiva. Queda adiata ata o sábado 10 outubro e xogarase en San Xulián, Marín. Polo tanto, O mexicano Charri continúa unha semana máis como líder indiscutible da competición, e xa van 4 semanas no máis alto da clasificación.

 

 

Na LNB NOR xogouse a cuberto debido á choiva que caía inmisericorde sobre a terra de Eirís. Na pista cuberta de Folgueira renaceu un mito, Roi Moris. Ganou Roi M., segundo foi Edu e terceiro Juancar. En féminas, primeira foi Mariña, segunda Carmela e terceira Sonia. En infantil ganou Marc, Abel foi segundo e Óscar terceiro.

 

Na categoría de equipos FEI impuxo a súa pegada, segundo foi Filloas, os Renacidos, e terceiro APB. Podemos considerar a Filloas como a sorpresa agradable da xornada e a APB como a decepción, xa que se crearan moitas espectativas e todas boas sobre os reforzos do equipo larachés. Vaia, igual cando teñan a súa equipación estas novas incorporación comezan a render.  O rendemento de FEI era esperado dado o seu potencial e máis coa recuperación de Juancar.

 

COQ tivo unha baixa actuación, por outra beira, esperada, pois ata últimas horas da madrugada estivo no aire a súa desaparición da LNB. Finalmente, conseguiron xuntar en varios lugares de ocio nocturno de Cerceda a unha presada de mozas e mozos, e como estes lugares teñen que cerrar cedo, non foi un esforzo erguerse ás 11h para ir xogar. Temos seguro que en vindeiras xornadas ademais de madrugar alguén lles explicará para que serve o palán que Berdi lles puxo na man.

 

O vencedor da xornada foi un dos mitos da LNB NOR, Roi Morís. Xogador que estivo na creación da Conferencia no outono de 2007 e que ten un historial magnífico. Deixara os campos de billarda na temporada 2014-2015.

 

Aproveitamos a ocasión para entrevistalo no ALFA (Alboio da Fama da LNB).

 

Houbo unha final de altura con 3 palanadores que xa saben o que é ganar xornadas LNB, Roi M., Edu Araña e Juancar. Por suposto, como toda final na que estea Edu a polémica ten protagonismo. Neste caso uns segundos de vídeo teñen máis fiabilidade que as argumentacións de Araña que culpa do seu incomprensible erro ás ameazas de varios filloas desde a banda.

 

Algunhas fotos espectaculares.

 

A xeral individual deixa un panorama alentador para Charly, Cotelo, Xulio e Landras, palanadores que non pisaron na súa carreira deportiva este terreo dos 5 primeiros postos e despois desta primeira xornada ocupan esas posicións. Roi M e Edu xa coñecen estas alturas da xeral.

 

A polémica tamen estivo na suma dos ptos. Desde a organización queren manter oculta a identidade da persoa que tivo certas dificultades na plicación dunha das regras matemáticas básicas.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome