XORNADAS DA FIN DE SEMANA RÍAS BAIXAS e NOROESTE

0
158
       A chegada da primeira borrasca deste outono condicionará as xornadas da fin de semana. Deste xeito, as pistas rápidas dos pavillóns de Domaio e Cambre dictarán sentenza e os resultados traerán as primeiras sorpresas. Como sucede habitualmente nestas superficies, algún e algunha dos favoritos sufrirá o “mal de altura”, …da pouca altura… dos pavillóns. Outros adoecerán do “mal de fondo”…, ou sexa, da mala puntería que levará as billardas a superar a liña de fondo, pero por fóra do varal. 
       En definitiva, tamén estas xornadas de interior teñen o seu interese, sobre todo, porque igualan as posibilidades de meter a billarda no varal, tanto de palanador@s de moita forza, como daquel@s que son fin@s estilistas.
Predicción para a tarde do sábado e a mañá do domingo

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome