XORNADA 9ª LNB NOROESTE

0
105
       A mañá de onte, domingo 4 de febreiro, foi fría e chuviosa no Concello de Cambre. Cousa que impediu a práctica da billarda do campo da Balastreira. Daquela, a LNB NOROESTE actuou con dilixencia e rapidez. En poucos minutos a caravana da billarda dirixiuse ata o pavillón de Cambóns, situado na parroquia de Sigrás. Houbo que descartar Cecebre, mais só por esta vez, xa que ao finalizar a xornada, o concelleiro de Deportes de Cambre, case se comprometeu, ou iso entenderon as autoridades da LNB que alí estaban,  a darlle un novo uso ao antigo campo de fútbol. Así, a súa idea é reciclalo para convertilo no primeiro campo de billarda da provincia. 
Condicións do campo da Balastreira ás 10.30 horas. 
       As condicións climatolóxicas pouco agradables para a práctica da actividade física fixo que a participación minguara con relación á media desta temporada.  Houbo 25  homes (3 en idade infantil) e 2 mulleres. O demais, xa forma parte da historia da LNB. Establecéuse unha marca histórica de Conferencia, que foi a de número de varados nunha xornada. Estaba en 25 varados, feitos na temporada 2015-2016 e agora queda en 26 varados. Igualóuse a marca de maior número de varados convertidos por un palanador. Tíñana Collazo, na 2014-2015, e Berdillo, na 2015-2016, con 7 varados. Collazo volveu facer outros 7 varados. Por outra beira, o nome dun palanador xa foi escrito con letras imborrables na Historia da LNB e do Deporte Galego. Julio Vilas, de APB Santa Marta, fixo o varado 3000 da LNB. Aquí debaixo aparecen algunhas imaxes do magnífico palanador da Laracha. 

    Certo que Julio R Vilas completou un camiño que moitos e moitas palanadores axudaron a andar facendo 2999 varados antes ca el. Por iso, o importante significado deste varado está en que representa a unha comunidade de persoas que aman o deporte da billarda e son estusiastas de compartir tempo e espazo con outras persoas, necesariamente diferentes e con inquietudes distintas, pero que se senten unidas polo xogo da billarda.  
       Os resultados levaron a Collazo a subir ao máis alto do podio, seguido por Gándara e Xulio Ponte. A final foi extraordinaria por parte de Collazo, pois nas 3 carreiras que se disputaron fixo 3 varados. Gándara  e Xulio Ponte tiveron que ir a unha cuarta carreira para ver quen quedaba segundo e os dous fixeron varado. Sensacional! Finalmente, no golpe de desempate ganou o da Coruña.  
CATEGORIA ABSOLUTA do EQUIPO
1 COLLAZO CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
2 GÁNDARA FILLOAS DE SANGUE A CORUÑA
3 XULIO PONTE CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
CATEGORÍA FEMININA do EQUIPO
1 BEGOÑA FILLOAS DE SANGUE A CORUÑA
2 MERCHE APB SANTA MARTA A LARACHA
3
CATEGORÍA INFANTIL do EQUIPO
1 ABEL CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
2 MIKLOS FILLOAS DE SANGUE A CORUÑA
3 ÁNGEL ESPERÓN LÚA DE FORZA SANXENXO
CATEGORÍA EQUIPOS do EQUIPO
1 CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
2 FILLOAS DE SANGUE A CORUÑA
3 APB SANTA MARTA MALPICA

A POLÉMICA

       Non queremos acabar con esta crónica da xornada de Cecebre xogada en Sigrás sen facernos eco das informacións que recibimos desde METEOGALICIA. Seica, os satélites meteorolóxicos europeos detectaron a presenza de varios drons voando sobre o ceo de Cecebre a primeira hora do domingo 4 de febreiro. Igualmente, estrañoulles moito que non acertaran nas súas previsións que anunciaban ceos descubertos en Cecebre. Polo tanto, as sospeitas fundaméntanse na posible utilización destes drons para provocar as choivas e con iso evitar ter que xogar no campo da Balastreira. Por que ía facer isto a LNB NOROESTE?, é o que nos preguntamos. Pois, a motivación é moi simple, esta Conferencia quería a toda costa quedarse coa honra de facer o varado 3000 e se se xogaba en herba íano ter moi complicado. En definitiva, seguiremos investigando sobre o particular. 
        Ademais, sabemos de fontes seguras que varios FAFOR estiveron en Cambre para colaborar na consecución do varado 3000. 
FAFOR: denominación daquel palanador ou palanadora que viaxa polo territorio nacional en busca de abertos de billarda para encontrar FAma e FORrtuna. Móvense polA recompensa que poden obter. Entón, quen poida pagalos poderá contratar os seus servizos: axudan a establecer marcas históricas e a evitar que outr@s xogador@ sumen puntos.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome