0
144

XA ESTÁN ACTUALIZADAS TODAS AS CLASIFICACIÓN



Para elaborar o RANKING GALEGO faise deste xeito:

puntúan os clasificados e clasificadas entre o 1º e o 16º en cada xornada de LNB. 
1º-16ptos
2º-15ptos 
14ptos, e así sucesivamente ata o posto 16 que levaría 1pto.
Nas conferencias onde os postos son compartidos faise unha suma (súmanse os ptos que lle corresponde a cada posto) e unha división (o resultado desta suma divídese entre o número de xogadoras e xogadores empatados nos postos) para otorgar os puntos.





ALBINO (ANDARELA)

ALBINO VEIGA, un palanador que xoga por primeira temporada na LNB, entrou no club selecto dos ganadores e ganadoras dunha xornada ao adxudicarse a 4ª xornada da CONRIA. Parabéns!


REMOURELLE BULLS 2012
MARCOS FERNÁNDEZ, palanador de REMOURELLE BULLS, entrou no Olimpo dos ganadores e ganadoras dalgunha xornada da LNB. Este xogador que forma parte da LNB desde a temporada 2007-2008 nunca alcanzara o honor de vencer, aínda que estivera cerca unha vez. Ao mesmo tempo, destacamos o despertar dos REMOURELLE BULLS, que despois de proclamarse campións da CONNOL na mesma temporada do seu estreno 2008, estiveran atravesando un longo sono de varios anos. Están a 15 ptos do primeiro posto por equipos e a 8 do segundo posto, cando xa se disputou o primeiro tercio da competición. Teñen todas as opcións intactas para acceder á Final Galega, algo impensable hai sequera 3 meses.
PARABÉNS!



A xornada da CONRIA que quedou interrumpida sen finalizar, será contabilizada unha vez que remate.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome