FIN DE SEMANA… de Sol e BILLARDA

0
208

A quen lle guste o viño albariño producido no Val de Dorrón-Bordóns, que saiba que haberá de agasallo un estuche de 3 botellas para aqueles e aquelas que o merezan sobre a superficie de dura das pistas polideportivas de Bordóns-Sanxenxo. O aberto disputarase en o 24 de agosto ás 17h30.

aberto-bordons-festa-labrega-2019A falta dunha semana para que arranque oficialmente unha nova temporada da Liga Nacional de Billarda, xa está dispoñible o calendario de competición da Conferencia Rías Baixas. En total disputaranse un total de 18 xornadas, comezando o 31 de Agosto no Grove e concluíndo o 18 de Maio en Bueu.

  1. O Grove – 31 de agosto
  2. Sanxenxo – 14 de setembro
  3. Poio – 28 de setembro
  4. Xil (Meaño) – 5 de outubro
  5. Marín – 19 de outubro
  6. Moaña – 2 de novembro
  7. Cangas – 16 de novembro
  8. Vigo – 30 de novembro
  9. Salcedo – 14 de decembro
  10. Vilagarcía de Arousa – 18 de xaneiro
  11. Vilaboa – 1 de febreiro
  12. Meis – 15 de febreiro
  13. Soutomaior – 14 de marzo
  14. Moscoso – 28 de marzo
  15. Poio – 4 de abril
  16. Cambados – 18 de abril
  17. Marín – 2 de maio
  18. Bueu – 16 de maio

Este ano son 16 os concellos que terán a fortuna de ver ás mellores xogadoras de billarda da provincia. Por vez primeira xogarase en Vilagarcía de Arousa. Volverá a LNB a Xil, así como, a Meis.

No referente ás demais conferencias aínda non se acordaron a día de hoxe os calendarios oficiais, mais temos información de que a Conferencia Noroeste terá esta fin de semana unha reunión na que acordarán as datas e lugares nos que se disputarán as súas xornadas.

En canto a outras datas significativas xa se coñece cando e onde se vai celebrar o Día das Estrelas. Será organizado pola Conferencia Noroeste o día 21 de marzo en Carballo. Tamén se coñece cando se vai disputar a FinaLNB 2020. O evento que determina quen son os campións e campionas da temporada 2019/2020 terá lugar o 31 de maio en Compostela.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome