DÍA DAS ESTRELAS 2019 A Pontenova. Documentos audiovisuais inéditos

0
90

   

     Televaral foi o medio audiovisual pioneiro na aventura marabillosa de ensinarlle ao mundo que a billarda seguía viva en Galicia. TodoLNB asume, tamén, o compromiso de normalizar esta actividade deportivo-lúdica-cultural ofrecendo imaxes gráficas e audiovisuais tan espectaculares como as de calquera outro deporte institucionalizado. A billarda é practicada por deportist@s de todas as idades e que mostran unhas habilidades dignas de ser admiradas. Non falta moito para que se televise en directo o primeiro aberto de billarda, pero, mentres tanto, gozade dalgúns golpes impresionantes e outros menos impresionantes que se puideron ver na Pontenova.
    Xa está aquí o documento audiovisual que estaba retido no despacho do comité de disciplina da LNB, despois de que a xuíza única deste comité actuara de oficio ante varias xogadas de dubidosa interpretación. 

 


       Que cada quen tire as súas propias conclusións. Na primeira das xogadas, varado de Edu, a situación do xuíz de campo é a tradicional, detrás do palanador. Na segunda xogada, varado de Muriego, a situación do xuíz de campo é a que establece o novo protocolo do VER, en media pista e observando directamente ao varal para ver se o sinal luminoso se acende ou non.



       Por outra beira, tamén podemos publicar o documento audiovisual no cal un representante da Conferencia Noroeste se dirixe á mesa da organización, durante a comida, para preguntar de maneira pouco axeitada, por que se anulara o concurso 3 x 3. O seu enfado estaba fundamentado no esforzo e sacrificio de adestrar durante os dous últimos meses para afrontar este concurso. Segundo el, EGASA, o trío que tiñan preparado era invencible. Daquela, reclamaba o trofeo para o seu equipo 3 x 3 ou unha indemnización conforme ao agravio recibido. 


      Para que un acontecemento destas dimensións poida realizarse precisa a cooperación e coordinación de moitas persoas que ofrecen o seu tempo, a súa dedicación, a súa alegría, o seu entusiasmo e o seu bo facer. Daquela, queremos mostrar o recoñecemento de todas nós, de todos nós e de todas aquelas galegas e galegos de ben que levan a billarda no corazón e na memoria. 
        
TOÑO-ÓSCAR-CHINITA-CARME-AGUS-DAVID NAVALLO-REGUEIRO-SANDRA-SACHAS-SANDONGUERO-MANOLO-GUTIERREZ-MARI CARMEN-MARINA-BEA

NOÉ-CHINITA-BEA-GUTIERREZ-AGUS-MARI CARMEN-MANOLO-CARME-REGUEIRO
TOÑO-RAMÓN-SACHAS-SANDRA-MARCOS-ROI-DAVID NAVALLO-ÓSCAR

AGUS    MARINA    ANA



      Nesta ocasión, este recoñecemento vai para Troitas Bravas, vai para Toño, Noé, Chinita, Óscar, Carme, Agus, David Navallo, Regueiro, Sandra, Sachas, Sandonguero, Manolo, Gutierrez, Mari Carmen, Marina, Bea, Ramón e Ana, vai tamén para Ismael, Daniel, Muriego e Krolo (artesán da madeira que fixo os fabulosos trofeos) quen sen ser de Troitas Bravas colaboraron para que este evento se desenvolvera de xeito sensacional.

BILLARDA SEMPRE ! 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome