TODOLNB fala con… MURIEGO Emiliano Álvarez González

0
198
        Home
de voz grave e serenas palabras, de mirada 
cantábrica e pensamento
salgado. Ten as mans acoirazadas
cun verniz de escamas e
no padal garda o
sabor doce que deixan tantas lerias na Taberna de Lola. Un ser humano
polifacético e multidisciplinar que chegou da
mesopotamia do Eo-Navia
para demostrarnos que a creatividade move o mundo, aínda que este
testán, ás veces,
non se deixe. Muriego é un Remourelle Bulls, un pouco, por
convicción, outro pouco, por transición de fluídos, os que hai nas
botellas da Taberna de Lola, e outro moito por devoción, a que sente
polo patrón das Copas Cantábricas Perdidas, San Manolito Flores.
      Meticuloso,
obxervador, introspectivo, existencialista, filósofo e
co acento galegoasturianu fronteirizo. Escolleu Muriego de nome
artístico, xa que, o de El Bosco, El Greco ou Caravaggio estaban xa repartidos. Dentro de Muriego viven moitos homes e mulleres que alimentan o seu talento renacentista. Este Tapiego de sangue acubilla latas e latas de imaxinación e creatividade que pon ao servizo da humanidade, sobre todo, despois das dixestións. Tanto arrola
un anaco de toxo no berce do seu torno, como fundamenta, nunha
conversa pausada, a continuidade de Flores como adestrador da
Auténtica, e sempre o fai con esa auténtica arte de ofrecer a
última palabra de alento a quen a precisa.

    Un dos secretos mellor gardados da LNB, o taller de Muriego, foi descuberto despois de intensivas e laboriosas investigacións. Na foto de arriba poden apreciarse os planos do indestrutible “Toxolán”. A construción do aparello diabólico, que fende billardas como as panaderías fan empanadas en véspera de romaría, elevou a Muriego ao cume das Artes e das Ciencias, onde comparte mesa con Leonardo Da Vinci. Toxolán é o palán en activo con máis golpes e cicatrices ás súas costas de toda a LNB. 




    En definitiva, aquí queda a sabia análise da realidade da LNB… e da existencia feita por Muriego. Se despois da lectura e degustación das palabras de Muriego (respectouse a lingua orixinal, o galegoasturianu), alguén quere saber máis da súa personalidade que pinche en O BRUAR DOS BULLS, publicación pioneira no mundo da billarda, pois é o único blog oficial dun equipo LNB. 




Nome
e apelidos
: EMILIANO ALVAREZ GONZALEZ
Lugar
e data de nacemento
: TAPIA DE CASARIEGO 1956-08-03
Lugar
de residencia
: TAPIA DE CASARIEGO
Ano
de debut
: 2011-setembro
Equipo
actual
: REMOURELLE BULLS

-Cando
e como foi o teu primeiro contacto co xogo da billarda e coa LNB?

O
primeiro contacto foi nun Interprovincial, en xuño do 2011, e
despois debuten na liga en Burela no Aberto do Bonito, foi en
setembro do 2011.

-Que
accións propoñerías para que a práctica da billarda chegase á
poboación
escolarizada?
Podía
propoñerselle á Consellería de Educación que repartise folletos
informativos entre os nenos e que metesen a billarda nos xogos
escolares.

-Cales
son as túas principais virtudes como xogador de billarda?
Teños
catro virtudes, unha é terreal que é a CONSTANCIA, e as outras tres
son virtudes teologales, Fe, esperanza y caridade. FE, a que levo a
cada aberto e ansias de facer un bon papel. ESPERANZA de que fallen
os meus adversarios e que por CARIDADE me deixen gañar un aberto.

-Que
aspectos técnicos, físicos ou psicolóxicos debes mellorar?
Técnicamente
confórmome. O físico non me preocupa, tou votando algo de barriga,
pero dicen que son cousas da idade. El psicolóxico preocúpame mais,
desde que salimos de Remourelle ata o noso destino desconcéntrome
moitísimo do que me rio con Lucía, Villarino, Flores o Milio.
Ademais Lucía pon a calefacción a tope e chego con as orellas
cocidas e prívame de pensar na táctica a empregar.
-Ordena
estas superficies de xogo segundo a túa preferencia, TERRA, HERBA,
AREA, ASFALTO, CEMENTO, PAVILLÓN.
Herba,
cemento, asfalto, pavillón, terra, area.
-Ocupas
actualmente unha das prazas de finalista LNB, a que se debe este
magnífico rendemento?
Este
ano al poder asistir a todos os abertos vou mais motivao, vou
preparao a conciencia, falo con as billardas, e levo unha ansia moi
grande por saber quenes van ser os meus adversarios no grupo,… e
lémbrome de Forrest Gump : “ A Billarda é como unha caixa de
bombós, nunca sabes con que che vai tocar”.
-En
temporadas pasadas sempre faltaches a varias xornadas, cousa que che
impediu optar a estar nas Finais LNB, este temporada, por fin, o
patrón de Remourelle, S. Villarino, mercará esa autocaravana que
demandas con tanta insistencia?
Esa
é a nosa ilusión de todos os anos el poder ir todos xuntos no mismo
velero, sería ideal, falar das nosas cousas e contar algún conto.
Ata ahora imos solucionándolo al parar en todas as cantinas que
atopamos abertas. Si pa o ano non podemos mercar un microbús tamos
pensando en poñer un ordenador en cada velero e comunicarnos por
Skype durante o viaxe.

-Quen
cres que son os xogadores con posibilidades de ser Campións de
Conferencia?
Cada
ano que pasa a competividade é mais grande, antes de empezar a liga
para min os favoritos eran os de sempre Charly, Markytos, Daniel,
Manu Pozo e Regueiro, mais irrumpiron con unha forza inusitada
Albino, Chousa e Sachas. Pero hai outra liga moi competitiva pra ver
que vai as finais de Santiago, hai que loitar por 6 o 7 plazas donde
vai haber ferro e farina. Eu, sin ir mais lonxe, teño unha cea
apostada con Isma para ver que se clasifica. En caso de clasificarnos
os dous iremos cear igual…..xa veremos quen paga.

-Que
farías para que máis xente xogase á billarda na túa comarca?
Para
que a xente da miña comarca xogue a Billarda, as veces pensó
propoñerllo a algunha asociación deportiva que hai por aquí, pero
fáltame tempo.
-Vés
posible que esta temporada remate o dominio de Billardeiros Musicais?

Os
Billardeiros siguen tendo un gran equipo, pero iste ano non van ter
doado gañar , xa que hai equipos con un gran potencial.
-Cales
son as fortalezas e debilidades de teu equipo Remourelle Bulls?
A
fortaleza dos Bulls son os anos que levamos na batalla que nos da
templanza e paciencia nas victorias e derrotas, tamén nos da forzas
o noso departamento de Asuntos Exteriores que ten moi boas relaciós
diplomáticas con o resto dos equipos. As nosas debilidades
pertenecen al Departamento de Seguridá Interna e non temos permitido
falar delas.
-A
incorporación de Xermán e Flores fortalecen ou debilitan a
Remourelle?
Levávamos
moito tempo detrás de Xermán e Flores e con a súa incorporación
o equipo gañou en todos os aspectos emocionales que esperábamos.
Ahora somos unha plantilla moi compensada, unha plantilla feliz que
cumpre con seos obxetivos al cen por cen. Con respecto a Flores quero
dicir que é o millor seleccionador de todos os tempos, o seu
palmarés é inmaculado, posto que gañou cinco Copas Cantábricas
seguidas, a culpa de a derrota de iste ano é de a selección
asturiana, que tuvo 3 meses concentrada no Centro de Alto Rendimiento
de Tol (Castropol) preparando o partido. A campaña urdida contra o
seleccionador é por a envexa doutras Conferencias por non ter un
sabio da billarda como Manolito Flores.

-Cales
son os teus obxectivos para esta temporada, tanto individuais como
colectivos?
Antes
de empezar a tempada as nosas ilusios era clasificarnos para ir a
Santiago por equipos, pero con as baixas, a última hora, de Chousa e
Manu Caldeiro as nosas aspiracios quedaron mermadas, foi cando nos
propuxemos fer algún podio e clasificar algún xogador para as
finais. O meu obxetivo persoal pra esta tempada non difiere moito do
equipo, facer algún podio e clasificarme pra Santiago. Tamos
contentos posto que xa fiximos dous podios y temos tres xogadores con
posibilidades de clasificarse, inda que queda moita liga.
-Para
rematar, a pregunta que están esperando tod@s @s seareir@s da
billarda, cal é o secreto da túa capacidade creativa, algún
líquido milagroso, algún alimento afrodisíaco, algunha substancia
psicotrópica ou, simplemente, o aire salgado do Cantábrico?
A
creatividade non ta en ningún brevaxe máxico, a creatividade é un
dos poucos dones que ven no noso ADN. Desde moi cativos temos o poder
de crear a os nosos amigos, os nosos xogos, os nosos medos, contos e
historias…, o malo e que según vamos medrando a sociedad vai
absorvéndonos ese maravilloso poder do noso pensamento. Por exemplo,
os pais cando saen a rúa con o neno en brazos con cada persoa que se
atopan dicenlle: -A ver Nené dille como fai o guau-guau, e como fai
o pato-. O pícaro responde correctamente a ambas preguntas, mais a
tercera persoa que atopan seos pais, o neno xa tá perdendo a
creatividade, o neno soo ladra e fai cúa-cúa. O lóxico sería
cambiarlle o nome do bicho… A ver Nené.. ¿Cómo fai o
Rinoceronte?, o camello, a serpente de cascabel o langosta. Así o
neno veríase obligado a crear a onomatopeya do animal
correspondente, e o neno pasaría de ser un magnetofón a un
creador.
Según
Einsten “A creatividade é a intelixencia divirtíndose”, ta
claro que todos temos intelixencia, entón o que temos que facer é
deixar que se divirta e non deixar que a sociedade che coma o tarro.
Si nos poñemos diante do televisor xa non tamos creando, outros tan
creando por nós. O meu segredo e a miña diversión é chegar a casa
e darlle a espalda a TV, sentarme a escribir, dibuxar, diseñar,
crear …, e desde que te acostumbras, a creatividade asoma por todos
os laos, é tan doado como pa un albañil poñer ladrillo, un
zoqueiro facer zocas o un mecánico desmontar o motor. Al igual que
fedes voar as vosas billardas deixade voar a vosa imaxinación.

A
mente é como un paracaídas, soo funciona si se abre” (Albert
Einsten ).

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome