VINDEIRAS XORNADAS Rías Baixas e Noroeste

0
97

     O inverno está mostrando o seu músculo e isto supón usar os pavillóns en moitas xornadas LNB. Esta época é máis favorable para quen se adapta a esas superficies rápidas e inmisericordes coa pouca puntería. Deste xeito, todo é posible. Aínda así, as clasificacións mostran a tendencia de cada quen con bastante nitidez. O obxectivo de ser campión de Conferencia pensamos que xa se reduce a 3 xogadores na Conferencia Rías Baixas e a 2 xogadores na Conferencia Noroeste. 

               
         A outra zona quente da clasificación é a que inclúe as últimas prazas que darán dereito a participar na Final LNB 2019. Neste instante Salva ocupa esa última praza empatado con Alberte, a 3 ptos ten a Chicho, a 6 ptos a Elena Glez. Despois veñen Martín, Oscar Caldas, Benito, Lu, Gelín, Chichí, Gerardo Torres, Vixo, Elena Sabarís, Alfonso e Diego, quen están aínda a tempo de alcanzar esas últimas prazas. Isto significa que moitos xogadores e algunha xogadora apretará nestas últimas xornadas de inverno para marcar diferenzas, cousa que en pavillón pode darse con máis facilidade que en exterior. 
16 CRIS RIN 139
17 SUSO GHA 138
18 MANOLO FARIÑA GHA 136
19 CHARRI COR 133
20 LUÍS GON GHA 133
21 CAROLO LÚA 133
22 ÁLVARO GHA 130
23 SALVA COR 125

ALBERTE RIN 125

CHICHO LÚA 122

ELENA GLEZ GHA 119

MARTÍN LAX 118

OSCAR CALDAS INF ARM 116

BENITO RESILLE COR 113

LU LÚA 109

GELÍN GHA 107

CHICHÍ LAX 106

GERARDO TORRES LAX 104

VIXO ARM 99

ELENA SABARÍS ARM 98

ALFONSO VAL 97

DIEGO ARM 96
        Corredoiras e Lúa de Forza son os equipos máis fortes, polo momento. O equipo de Bueu ten bastante vantaxe sobre o de Sanxenxo. A outra praza de podio tena Gharaboto, con moita diferenza sobre Armadiña. Veremos se a xuventude do equipo de Poio poderá ameazar ao equipo máis veterano de Marín. 

       O Título Feminino vai estar entre 2 xogadoras. Despois de 5 anos de dominio absoluto de Bego Ríos, por fin, saíu unha competidora que lle vai esixir ata o final. Adriana, a máis nova das competidoras nesta categoría e actual Campioa LNB, é unha realidade que está demostrando o seu nivel. Agora ben, Bego ten un potencial enorme e seguimos considerándoa como a gran favorita para revalidar o título, sería o 6º consecutivo.
       A última praza de podio será cousa de Elena Glez, Lu e Elena Sabarís. Xogadoras, as dúas primeiras, de gran historial de triunfos e a terceira, Elena Sabarís, unha xogadora de gran proxección. Xogadoras as tres acostumadas a subir ao podio das xornadas, e que en algún momento estiveron moi preto de lograr o triunfo absoluto en algunha xornada desta Conferencia. Polo tanto, espectáculo garantido de aquí ao final de liga.  

      O equipo feminino campión do ano pasado, Valpaços Terra Quente, está sendo posto a proba pola escadra de Gharaboto, quen coa incorporación de María Caride, introduciu xuventude e calidade no seu cadro de xogadoras. Este ano non vemos a Valpaços tan favorito coma a temporada pasada. En definitiva, a ninguén sorprenderá que Gharaboto se leve o título este ano, se ao final o consigue.

         NOROESTE

      O Título será cousa de Collazo e Juan Carlos. A outra praza de podio estará no aire ata o final, pois, ademais de Lito Pena e Edu, que xa estiveron o ano pasado loitando, este ano sumáronse Roi Rey, Xulio Ponte e Kevin. Por outra beira, entre estes 5 xogadores hai representantes de 3 equipos, cousa que lle engade un ingrediente de rivalidade moi interesante. 
     En canto á zona quente das últimas prazas de finalista LNB, a cousa non dá tregua. Os filloeiros, L. Fontán e Gándara, que neste momento están dentro das prazas, non respiran tranquilos, xa que, Enrique, Cotelo e Merche písanlle as sombras.

        O título de equipos irá, un ano máis, para Campo da Feira. A segunda praza, que dá dereito a disputar o Título LNB a finais de maio, semella para APB, pois na última xornada deron un golpe enriba da herba das Encrobas. Agora, están 36 ptos por diante de MAC. Aínda así, o equipo da Laracha non pode descoidarse debido a que teñen un cadro de xogadores moi reducido e calquera ausencia ou lesión dun/ha xogador/a podería ofrecer a MAC a oportunidade de acercarse. 

      A categoría feminina ten unha ganadora indiscutible, que é Merche de APB. Onde haberá loita cerrada ata o final é nas outras dúas prazas de podio entre Cruz e Mariña.

FEMININA EQU TOT
MERCHE APB 130
CRUZ FEI 69
MARIÑA MAC 67
CARMELA INF MAC 32
AURELIA FEI 30
      Na Categoría Infantil, Abel semella o claro favorito, mais Miguel Cancela, a pesar da súa curta idade non lle vai alfrombrar o camiño ao de Campo da Feira. A diferenza de forza entre os dous é evidente e só o tempo corrixirá esa circunstancia, mais a evolución de Miguel está sendo asombrosa, entón, veremos grandes golpes e épicas xornadas de ledicia infantil no Noroeste. Quen queira ilusionarse co xogo da billarda que se acerque a ver xogar a estes dous espléndidos xogadores de billarda. 

ABEL FEI 120
MIGUEL FEI 112
MARC FEI 85
MIKLOS FIL 61
LUCAS FEI 33
CARMELA MAC 32
ÓSCAR GARCÍA MAC 30
ADAHI FEI 13
MARTA FEI 12
IAGO FEI 10
JUAN MAC 7
JOAQUÍN APB 5
SANELA FEI 5

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome