Vindeira xornada LNB NOR e ecos da Copa Cantábrica

0
320

 

O vindeiro domingo 8 decembro disputarase a xornada 7 da Conferencia Noroeste. En principio, está programado xogar na Sardiñeira, pero se as predicións de posible choiva se cumpren, haberá que buscar alternativa cuberta. A día de hoxe barállanse varias localización nos arredores da Coruña. Unha delas, e que soa con forza para albergar esta xornada no caso de choiva é Bens. Cando teñamos confirmación, tanto do acerto de METEOGALICIA coa choiva como do lugar cuberto decidido informaremos de inmediato a través do noso twitter @billardagalicia e algo despois aquí.

Xa que imos camiño da mitade de temporada na Conferencia Noroeste queremos aproximarnos aos números de participación desta Conferencia. A LNB NOR naceu no 2007, pero desa temporada non temos datos de participación, entón as estatísticas comezan na 2018-2019. A media de participación aparece nesta gráfica dabaixo.

Como se pode apreciar a LNB NOR está no mellor momento de participación da súa historia. Houbo momentos críticos desde o 2010 ata o 2016. Fóron anos escuros onde a forza non aparecía, mais o rexurdimento chegou da man da comarca de Bergantiños. Nesta zona prendeu a semente billardeira e desde ese ano 2016 a produción de palanadoras e palanadores non deixou de medrar. Fantástico ! Certo que durante a travesía polo lado escuro houbo xogadoras e xogadores das outras conferencias LNB que axudaron a manter viva a luz do faro Noroeste. Na gráfica de abaixo aparecen os números de participación sen contabilizar a estas persoas que xogaban, pero que pertencían a outras conferencias LNB.

Realmente, a situación foi extrema na temporada 2013-2014, cunha media de unicamente 10 xogador@s propi@s da LNB NOR. Neses duros momentos a presenza de persoas de fóra axudou moito. Debemos agradecer que toda esa xente externa acompañara naqueles instantes. Somos como unha familia e para mostra disto, debaixo quedan as imaxes das seleccións Asturiana e Galega de billarda que disputaron a Copa Cantábrica 2019. O único e auténtico ganador do enfrontamento foi a magnífica convivencia e diversión que se logrou un ano máis. Así, deixaremos nun segundo plano a incuestionable, descomunal, colosal e maxestuosa vitoria de Galicia tanto no Encastrau de Liriu como no Aberto de Billarda.

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome