Vindeira fin de semana de calor e Billarda na LNB RÍAS BAIXAS

0
194

Por fin, o tempo dá tregua nas Rías Baixas e vaise poder disputar a segunda xornada. Será o sábado 10 de outubro no campo de fútbol de San Xulián, Marín.

O domingo 2 de outubro de 2011 celebrábase a primeira xornada da LNB RIAS BAIXAS. Naquela temporada competiron varios equipos recén creados e outros equipos que procedían doutras conferencias, como Corredoiras, naquela época competía na LNB SUR, Furabolos e Trouleiros da LNB CENTRO e Billardeiros Musicais e Os Outros que competían na LNB NOL Pois ben, un dos equipos que se creou esa temporada foi A ESMORGA. Equipo que lle discutiu o título durante a temporada ao poderoso e case invencible BATEAS, campión LNB 2011 e 2012. Abaixo aparece unha foto de arquivo do equipo de Noalla que xogou a primeira xornada e que ao final de temporada disputaría a FinaLNB en Compostela cunha exitosa actuación, pois, empataron no terceiro posto con CORREDOIRAS e no desempate perderon esa praza de podio.

 

Esta temporada cada equipo ten unha lista de xogadores e xogadoras dos que van dispoñen para xogar a liga 2020-2021. Os datos que nos pasaron desde a LNB RIB e desde a LNB NOR son os seguintes.

De momento, dos 150 inscritos xogaron 84. Esta lista está aberta durante a temporada para novas incorporacións. O que sorprende agradablemente é o incremento de xogadores inscritos na LNB NOR. Fantástica nova. Dous equipos sobresaen cunha política agresiva de fichaxes, FILLOAS e APB. Agora terán que investir en chamadas telefónicas para espertar a eses xogadores ás 9 da mañá dos domingos e en mercar camisetas.

 

Na LNB NOR resoan os resultados da primeira xornada nos medios deportivos impresos e dixitais. A Conferencia máis mediática da LNB chega cada vez a máis ollos do noso país, cousa que axuda a espallar a billarda pola terra adiante. Magnífico.

 

 

Hoxe imos centrarnos en dous equipos que se reforzaron como ningún outro.

 

Luís Fontán Mazás, Lois, manifestounos a súa ledicia co nacemento do novo proxecto OS RENACIDOS. Filloas de Sangue da Coruña acometeu unha revolución silenciosa esta temporada 2020-2021. “Imos ter que poñer freo. En Filloas xa temos 26 inscritos, o último Sak, o fundador, xunto con David, da Conferencia Noroeste, no 2007. Isto ten moi boa pinta. Pelexaremos, non só para ganar, senón para que a nosa Conferencia volva ser unha Conferencia acolledora.

Como se sentirá Landras co seu posto de lìder de equipo en entredito despois da chegada de Roi Moris? Non tes medo que tantas estrelas poidan eclipsarse unhas a outras?

“Aquí non vai pasar. Landras xa coñece as incorporacións e a filosofía. Sak vive en Lugo e vai vir cando poida, pero quixo implicarse. O importante é facer comunidade e espallar o deporte da billarda polas escolas, asociacións culturais, etc. Sempre na medida das nosas posibilidades, non só traballando o whatsapp e o facebook”.

O outro equipo que se reforzou foi APB. Non foi doado entrevistar a algún dos seus integrantes, despois da actuación mediocre ninguén quería falar. Mais pasadas as horas xa están coa mente na seguinte xornada. En vindeiros días publicaremos as palabras que conseguimos sacar das novas incorporacións de APB.

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome