VINDEIRA FIN DE SEMANA de billarda

0
243

 

  Xa está aquí o festival de Pardiñas que entra nos corenta anos sen sufrir ningunha crise. Por terceiro ano inclúe a billarda como unha das actividades de vangarda que este festival ten programadas. 

 

    O ano pasado a participación foi excelente, tanto en número como en calidade.  O dominio da Terra Chá só se veu ameazado polo palanador de Paiosaco, Collazo, quen se fixo co triunfo. As súas emocionadas verbas cando recolleu os agasallos expresan un sentimento compartido: Recollo as palabras do compañeiro Ismael.. Que todos os festivais teñan billarda e que todas as billardas… teñan festivais. Animádevos a xogar, …é divertido, é marabilloso. Temos deporte, temos país, temos nación, temos Galiza, temos billarda, temos Liga Nacional de Billarda.”
 
    Este ano espérase de novo unha multitudinaria participación, con xente das tres conferencias LNB. Xa retumba o lema “Quen por Pardiñas pase, vegan@ farase, (…ou non)”.
 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome