ÚLTIMA XORNADA LNB RÍAS BAIXAS

0
130

Xa rematou a fase regular da LNB en todas as Conferencias. Esta fin de semana pasada finalizaron a Conferencia Rías Baixas (18 xornada en Poio) e a Conferencia Noroeste (15 xornada en Ponteceso). Nas Rías Baixas, a xornada destacou pola presenza de tanto público rodeando o Campo Nacional de Billarda da Reiboa para contemplar un espectáculo grandioso. 89 participantes competiron para superar as dificultades dun terreo de terra, herba e pedregullo moi esixente e dun vento en contra que fixo voar as billardas de xeito incontrolable. Conforme foi avanzando a tarde o vento foi cedendo e nas eliminatorias de cruces xa se viron golpes realmente magníficos. Tanto é así que Álvaro de Gharaboto realizou o primeiro Varado da historia do Campo Nacional. Lanzou a billarda entre os dous paus do varal cun fantástico golpe, ante o asombro de todos e todas os que tiveron a fortuna de presencialo. A cancela de ferro do varal azul e branco da Reiboa foi aberta para sempre. Outra marca que tamén quedará na memoria colectiva é a do número de mulleres que participaron nesta xornada, 39. Nunca antes se chegara a tal cifra na historia da LNB. 
        
 En canto ao aspecto competitivo estes foron os podios da xornada. Primeiro posto para Cho de Armadiña, primeiro posto de Elena Sabarís na categoría feminina e Juanma foi primeiro en infantil. Por equipos, foi primeiro o equipo local de Armadiña
CATEGORIA ABSOLUTA do EQUIPO
1 CHO ARMADIÑA POIO
2 SANTIAGO VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO
3 ÁLVARO GHARABOTO MARÍN
CATEGORÍA FEMININA do EQUIPO
1 ELENA SABARÍS ARMADIÑA POIO
2 MARÍA GHARABOTO MARÍN
3 LU LÚA DE FORZA SANXENXO
CATEGORÍA INFANTIL do EQUIPO
1 JUANMA LÚA DE FORZA SANXENXO
2 ADRIANA VALPAÇOS TERRA QUENTE VIGO
3 AINHOA ARMADIÑA POIO
CATEGORÍA EQUIPOS
ARMADIÑA POIO
LÚA DE FORZA SANXENXO
GHARABOTO MARÍN
ZAIRA Valpaços Terra Quente

AINHOA Armadiña

CASILDA Gharaboto

CHE Rinoceronte

BEGO Corredoiras

DIEGO Armadiña

JM CAMIÑA Lúa de Forza

JOSÉ MANUEL Rinoceronte

MACHI Armadiña

RIAL Armadiña

PEQUE Armadiña

TINO Armadiña

ÁNGEL Andarela

IRENE Valpaços Terra Quente

MANU Armadiña
       Despois da xornada celebrouse a Gala Final LNB RÍAS BAIXAS 2018, na que se entregaron os trofeos aos podios finais de Conferencia en cada unha das categorías e aos concellos colaboradores na organización das xornadas. Entregouse un trofeo especial á concelleira de Deportes do Concello de Poio, Marga Caldas, en recoñecemento á súa decidida e firme intención de recuperar a práctica da billarda en Poio. Marga adquiriu un compromiso consigo mesma e coas veciñas e veciños de Poio, aló polo ano 2012, cando decidiu que o concello de Poio ía colaborar coa LNB na organización dunha xornada de liga no seu territorio. Foi o 18 de marzo de 2012, ano fundacional da Conferencia Rías Baixas. Esta intención inicial foi alcanzando os seus obxectivos. Primeiro, foi dar a coñecer a veciñas e veciños que se seguía xogando este deporte tradicional. Segundo, foi que se creara un equipo de billarda en Poio e, finalmente, aquel soño de hai 6 anos culminou na realidade da inauguración do primeiro Campo de billarda do noso país. O 8 de abril de 2017 inauguruouse o Campo Nacional de Billarda da Reiboa. Por todo isto, grazas Marga. 
        Este foi o VÍDEO DA GALA DA BILLARDA LNB RÍAS BAIXAS 2018 (Poio). Magnífica Gala coas actuacións de Etuhole Capoeira Brasil-España e a Escola de Acordeóns de Campelo. Tal foi o éxito destas actuacións que varios palanadores e algunha palanadora están pensando en cambiar de actividade deportiva, vendo que se lle dá moito mellor dar patadas, xiros, flexións e saltos que golpear unha billarda. 


      Cerrado o curso 2017-2018 e celebrados os exames finais deberán presentarse exame de promoción final LNB 2018 estas persoas que aparecen na listaxe de abaixo. Será o 27 de maio en Compostela. 






      Na Categoría Infantil poderán participar todas e todos os nenos que participaran en algunha xornada de liga.  

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome