VÍDEO-CRÓNICA XORNADA LNB 5ª CONRÍA

0
106

Este vídeo pode ferir a sensibilidade, e faino,  de todo aquel e aquela que sinta nas súas entrañas o que é ser galego e galega, orgullosos da nosa cultura. A billarda, un deporte que representa un xeito de entender o mundo xenuinamente galego, pode ser televisado. Comprobade o fantástico atractivo de contemplar deportistas de diferentes idades e condicións físicas compartindo unha saudable rivalidade. O esforzo por superar os límites das facultades humanas vese nestas extraordinarias imaxes que merecen ser difundidas para que outros ollos teñan a oportunidade de disfrutar dun deporte diferente. Quero expresar a miña emoción ao ver a un xogador que xa é avó, a unha xogadora que é avoa, disfrutando coa sana rivalidade que lle ofrece un neno, unha nena, que só coñece o século XXI. Por favor, compartide esta alegría de sentirnos deportistas.

Están actualizadas todas as clasificacións.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome