ÚLTIMOS ABERTOS DE VERÁN e fichaxes de último momento na LNB

0
216
         OSIL.inf  informa sobre este grandioso acontecemento na Terra de Trives. Organízase coa intención de que sexa a semente da nova Conferencia Caldelas-Trives. A LNB chega á provincia de Ourense para recuperar a práctica deste xogo tradicional marabilloso. Polo tanto, quen queira pasar á historia coma un/unha d@s pioneir@s da LNB en Ourense non debe, nin pode, perderse este torneo aberto de billarda de Manzaneda.

       O día 1 de setembro comeza a LNB na Conferencia Rías Baixas (1ª xornada no Grove) e o día 2 faino na Conferencia Noroeste (1ª xornada na Coruña). Apenas 10 días para o inico da LNB 2018-2019. Para cerrar o verán de abertos están programados os dous últimos torneos pretemporada. Este vindeiro venres 24 de agosto será en Manzaneda e o sábada na Laracha. Unha magnífica oportunidade para incorporar nov@s xogador@s aos equipos de cara á temporada que comeza. Non se prevén grandes fichaxes, aínda que sempre sucede algún traspaso inésperado. 
        Se a temporada pasada na Conferencia Rías Baixas fora Lúa de Forza quen máis investiu en reforzar o equipo este ano semella que Rinoceronte quere recuperar xogadores que deixaran a práctica activa da billarda, xa que non queren quedarse fóra das finais outro ano máis. Armadiña está construíndo un equipo para competir polas prazas de podio. Corredoiras e Gharaboto volven ser os claros favoritos para o título. 
        Na Conferencia Noroeste, Campo da Feira parte como claro favorito e non vemos a ningún outro equipo que se lle poida acercar. Iso si, hai que esperar que o seu xogador franquicia solucione o da revisión do seu contrato. Xa que descubrimos á representante de Collazo visitando Cerceda esta semana pasada. Ademais, sábese de boas fontes que o histórico equipo Cochiqueiros quere renacer das cinzas de varios anos no deserto da falta dun cadro de xogador@s competitivo.
          Na Conferencia Norleste, Carabullo está negociando en secreto cun xogador estrela da LNB. Se as negociacións chegasen a bo porto sería unha xogada mestra do equipo chairego que lles daría, sen dúbidas, o empurrón definitivo para cortar a xeira de triunfos de Billardeiros Musicais, que xa dura 7 anos consecutivos. Se a temporada pasada a adquisición de Alvariño completou un cadro fenomenal de xogador@s, esta vindeira temporada poden completar un cadro de galácticos coa chegada dese portentoso palanador. Podemos desvelar o nome en clave que interceptamos nunha mensaxe de whatsApp: V. do Irixo. O que sucede é que este excepcional xogador de billarda ten contrato con outro equipo, daquela, ou pagar a clausula ou acordo co equipo, son as dúas alternativas que lle quedan a Carabullo. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome