ÚLTIMAS XORNADAS

0
112

Xa só queda por disputarse a última xornada en cada unha das 5 conferencias. Despois de celebrarse as penúltimas xornadas na CONNOR e na CONSAL, xa temos algunha categoría decidida. Así, na CONSAL os dous equipos que participarán na Final Galega serán BATEAS e A ESMORGA.

Na CONNOR, o equipo de FILLOAS DE SANGUE está virtualmente clasificado, pois só con participar na última xornada chégalles. O segundo posto é o que está no aire. XARUTOS ten un pequeniño punto de avantaxe sobre COCHIKEIROS.

O sistema de competición para a Final Galega de Billarda 2012 está a punto de definirse definitivamente. O venres 11 maio publicarémolo. 

Consultade as clasificacións actualizadas.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome