ÚLTIMAS XORNADAS RÍAS BAIXAS-NOROESTE e Resume NORLESTE 2017-2018

1
157

              CONFERENCIA RÍAS BAIXAS

CONFERENCIA NOROESTE

                 CONFERENCIA NORLESTE

       Finalizou a temporada 2017-2018 na Nai da LNB, a Conferencia Norleste. Os números de participación son excelentes: xogaron un total de 106 persoas durante estas 12 xornadas (de setembro a maio). A media de participación foi 51. Contribuíron a manter vivo este deporte tradicional da billarda un total de 8 equipos, procedentes de Pol, Castro de Rei, Castroverde, A Pontenova, Lourenzá, Barreiros e Ribadeo, amais de xogadores e xogadoras doutros concellos limítrofes. Estase a facer un magnífico traballo de recuperación e divulgación deste xogo na provincia de Lugo. 

       Unha vez feito o resume da competición e recollidos os méritos de cada quen en forma de puntos, podemos ofrecer os nomes d@s xogador@s que acudirán o 27 de maio a Compostela para disputar a Final LNB 2018. As outras dúas Conferencias LNB rematarán a vindeira fin de semana. 

24 de setembro 2017, Castroverde, 1ª xornada. Iván Alonso
       Entre estas dúas fotos median case 8 meses de competición. O primeiro golpe realizouse en Castroverde e o último en Remourelle.
11 de maio 2018, Remourelle, 12ª xor. Charly.
Grupo da Conferencia Norleste no Aberto do Coello de Suso (Remourelle)
       CHARLY alcanzou o Título de Conferencia Norleste 2017-2018. O de Ponte de Outeiro achegoulle algo de suspense e misterio á súa actuación nas primeiras carreiras, como boa novela de intriga, e nunha carreira final perfecta anunciou a tod@s o título da súa obra: “o último varado”. Con 3 Títulos de Conferencia e o podio da Final LNB 2017 (3º posto), Charly busca un Título que o eleve á categoría de Coroceiro Nacional, lugar ao que só chegaron 7 palanadores, os sete magníficos: Markytos 3 veces, Rubén Otero 2 veces, Iván Puente, Daniel, Xan Rodiño, Ricar e Chousa.
         GENI levouse o Título na Categoría Feminina por sétima vez consecutiva, algo só ao alcance da máis laureada palanadora da historia da LNB. De novo volve ser unha candidata ao Titulo Nacional que xa conseguiu no 2009 e 2016. 
        MANU CALDEIRO logrou o Título na Categoría Infantil e este ano confirmou que está moito máis preparado para loitar polo Título Nacional e interrumpir a supremacía das Rías Baixas nesta Categoría. 
MANU CALDEIRO      CAMPIÓN INFANTIL

       BILLARDEIROS MUSICAIS, o equipo máis laureado de toda a historia da LNB, con 3 Títulos Nacionais e 9 de Conferencia (os últimos 7 de xeito consecutivo), dominou de principio a fin a competición, aínda que houbo momentos nos que Carabullo estivo moi preto. De cara a conseguir o Título Nacional o equipo ribadense ten algunhas baixas de importancia, de todos os xeitos, están buscando alternativas para presentar unha aliñación de garantías para facer fronte ao gran favorito Corredoiras. 
         CARABULLO e CHAÍNZOS-CADAVAL tamén teñen dificultades para contar con todos os titulares do equipo. Polo tanto, ata uns días antes non definirán a aliñación titular. 

1º EQUIPO-      BILLARDEIROS MUSICAIS

2º-EQUIPO      CARABULLO

3º EQUIPO-       CHAÍNZOS-CADAVAL

1 COMMENT

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome