ÚLTIMA XORNADA LNB NOROESTE

0
85

       A xornada 15 e última desta temporada na Conferencia Noroeste xogouse en Ponteceso, nas instalacións do MELGA. Berdillo de Cochiqueiros ganou a xornada, Mariña foi primeira en feminina e Marc primeiro en Infantil. Por equipos ganou Campo da Feira
        
CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
1 BERDILLO COCHIQUEIROS CERCEDA
2 JUAN CARLOS CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
3 MARC CAMPO DA FEIRA PAIOSACO




CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
1 MARIÑA MALPICA MALPICA
2 MERCHE APB SANTA MARTA A LARACHA
3 CRUZ CAMPO DA FEIRA PAIOSACO




CATEGORÍA INFANTIL
do EQUIPO
1 MARC CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
2 ABEL CAMPO DA FEIRA PAIOSACO
3 MIGUEL CANCELA CAMPO DA FEIRA PAIOSACO





CATEGORÍA EQUIPOS do EQUIPO

1 CAMPO DA FEIRA PAIOSACO

2 APB SANTA MARTA A LARACHA

3 FILLOAS DE SANGUE A CORUÑA
        A recuperación de Berdillo para a práctica activa da billarda coincide coa súa inclusión no equipo que representará á LNB no torneo internacional de Pandolo 2018. Foi recibir a boa nova e conquistar o Aberto de Ponteceso. Juan Carlos Cancela conseguiu a última praza de finalista na categoría de Varados e Andrade defendeu con éxito a súa praza de finalista na categoría absoluta. Oscar Ponte quedou a dous ptos. Gándara confirmou a segunda praza de Podio final. 
BERDILLO internacionalidade e triunfo na xornada

Zona do campo de cemento

Zona do campo de herba

Os equipos Noroeste preparando a táctica a empregar na final por equipos de Compostela. É obvio que van optar por manexar as dúas mans na Final LNB 2018, cunha o palán e coa outra a nutrición e hidratación

Momento decisivo no cal se cerra o acordo para este ano conquistar a Coroza definitivamente. Ao plan establecido polos ideólogos Noroeste, Fontán e Gándara, chamáronlle “Cento cicuenta e cinco”.
     Estes son os representates da Conferencia Noroeste que van loitar o 27 de maio en Compostela para conseguir algún título Nacional. Este ano si teñen firmes e fundamentadas esperanzas en estar entre os candidatos en todas as categorías. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome