ULTIMA HORA…. ÚLTIMA HORA !!!! COVID19 … a LNB RÍAS BAIXAS adia a xornada 13

0
427

 

Desde ACD Billarda Rías Baixas comunicáronnos que a xornada da LNB RÍAS BAIXAS que estaba programada para esta fin de semana en Soutomaior adiase. Segundo vaia evolucionando a Pandemia do COVID19 decidirase en que data recuperar esta xornada e tamén se decidirá se as dúas seguintes, o 28 marzo en Moscoso (Pazos de Borbén) e a do 4 de abril en Poio se poden disputar. Xa se está traballando en plans alternativos para continuar coa LNB cando a situación sanitaria así o aconselle.

O Día das Estrelas haberá que adialo tamén? A xornada da LNB NOL do 28 marzo corre perigo? As vindeiras xornadas das tres conferencias, haberá que movelas de data?

Como hai que prever calquera escenario probable ou posible… debemos formularnos a pregunta máis incómoda.. haberá que levar a FinaLNB 2020 a un mes do verán?

Pois ben, os cerebros organizadores da LNB xa están reflexionando sobre as medidas a tomar. Dádevos conta que no comité de sabias e sabios da LNB hai moitas cortizas cerebrais en pleno uso das súas facultades e as solucións xurdirán como folla de carballo. Incluso o Comité Olímpico Internacional está consultando á LNB sobre que alternativa encontrar para as Olimpiadas de Tokio 2020.

 

En fin, a LNB saberá avanzar golpeando o virus ata metelo no varal.

 

 

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome