TORNEOS ABERTOS DE BILLARDA DE FIN DE ANO

0
146
TAB de Meira (en homenaxe a Xosé da Flor)

DAVID NAVALLO (TROITAS BRAVAS-A Pontenova)
   A LNB quixo estar presente no día no que a Asociación M de Meira, xunto con outros colectivos do concello de Meira, organizaba unha serie de actividades en homenaxe a Xosé da Flor. Neste caso, a ADC O Varal, que representa aos equipos da Conferencia Norleste, estivo presente en Meira e organizou un Aberto de Billarda co fin de continuar coa difusión e promoción deste deporte marabilloso. Fin ao cal contribuíu de xeito salientable Xosé da Flor. Emoción e emocións durante o Aberto. O ganador foi un dos xogadores máis en forma da LNB, David Navallo, do equipo troiteiro da Pontenova. Adiante co Varal!, foi a consigna que se escoitou nas praza do convento de Meira. Frase que tantas veces pronunciou Xosé para simbolizar a fortaleza desta gran comunidade da billarda. 
TAB FIN DE ANO Paiosaco
3º-COLLAZO 1º-JUAN CARLOS 2º-ENRIQUE (todos de CAMPO DA FEIRA-Paiosaco)
1ª-BEGOÑA (FILLOAS DE SANGUE-A Coruña)
1º-FÉLIX (CAMPO DA FEIRA-Paiosaco)
       Noutro extremo do país, na Laracha, outro grupo de afoutos e afoutas palanadores desafiaron ás incomodidades que supón xogar cos pés mollados e presentáronse no Campo da Feira de Paiosaco coa intención de manter viva esta representación cultural e deportiva que é o xogo da billarda. Ás 11 da mañá o asfalto do Campo da Feira estaba bañado en auga. As preto de 30 persoas que esperaban no palco da música estaban meténdose nos traxes de mergullo. Incluso chegaron dous competidores desde a Conferencia Rías Baixas cos últimos modelos de neopreno usados polos percebeiros galegos. A partir das 11.30 horas apareceu o ceo e os sonidos da madeira empezaron a ser máis intensos. Os grupos sorteados e os corpos dispostos, comezou o Aberto. 
PATXI
       Finalmente, a mañá foi espléndida, incluso houbo que botar man de gorras, puchos e boinas para evitar que os raios do sol impedisen ver a billarda. Houbo a participación dun xogador de Euskalerria que pasa uns días de vacacións en Cerceda, o Patxi. Este rapaz non coñecía o xogo nin sabía que no seu territorio tamén teñen este xogo co nome de “Txirikila“. Volverá á súa terra co descubrimento da billarda. Fantástico!. Da man de Cochiqueiros, estreouse no xogo da billarda. Este equipo histórico da Conferencia Noroeste ten que buscar fóra do territorio galego, pois esta temporada está en perigo de desaparición por falta de xogadores. Se a estratexia lle funciona pode que outros equipos sigan este camiño. 
Xulio intentando superar o obstáculo da árbore
       Continuando cunha práctica xa habitual nesta Conferencia, cando os visitan xogadores doutros lugares fóra da provincia da Coruña preparan trampas, segundo eles legais, para dificultar o xogo daqueles. Esta vez foi a colocación de árbores no medio da pista de xogo. Medida que decidiron ao ver que a choiva se retiraba e xa non sería un obstáculo que perxudicase a estes xogadores externos.
14h. Pinchos no local de Campo da Feira

11 h. A choiva era persistente

      En definitiva, dous dos valores da billarda, cultura deportiva e deporte gastronómico. Dous momentos fundamentais do Aberto Fin de Ano do cal xa se fixeron eco os xornais. Magnífica a cobertura que están facendo os medios de comunicación escrita da LNB. Este logro é froito do traballo dos compañeiros da Noroeste que teñen infliltrado nas redaccións dos xornais da provincia a un axente LNB, de nome en clave, Egasa. De momento non poden identificar a este axente con licencia para facer crónicas, pois está en xogo a súa seguridade.




   

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome