TOMÁS “O Alpino” … e xornadas LNB da fin de semana

0
221
     A fin de semana iníciase co Aberto de Ponte de Outeiro na Conferencia Norleste e finaliza coa penúltima xornada de Soutomaior nas Rías Baixas. Que mellor ocasión para coñecer un pouco ao Campión LNB de Varados.  
      Despois de complexas negociacións co director técnico de Carabullo e do pago dunha substanciosa cantidade por dereitos de imaxe, xa podemos publicar a entrevista con Tomás Teijeiro, “O Alpino de Bazar”. O actual Campión Nacional de Varados está residindo en Lausanne e moita xente cría que era por razóns profesionais, outras persoas pensaban que era por motivos deportivos e poucas ou ningunha imaxinaba o porqué real do seu abandono da Terra Chá. 
   No documento audiovisual encontraredes a causa central da estancia do Alpino de Bazar en terras de Federer e dos Bancos. De todos os xeitos, non podemos privarnos de adiantar algo do asunto. 
 
 
ESCENA 1
(Nun lugar da Comarca da Terra Chá ao regreso da FinaLNB 2018… ao fondo dunha taberna… acubillado e pesaroso… un grupo de persoas comparte bebida e confesións)
 
 …a Terra Chá ten unha débeda histórica coa billarda e coas súas veciñas e veciños e esta débeda hai que pagala, afirmaba Ismael. “Como está sendo misión imposible traer un título das Finais LNB de Compostela, o que imos facer é traer a FinaLNB ata Ponte de Outeiro. Malo será que non saibamos adaptar o terreo de xogo ás nosas condicións técnicas de golpeo, e senón… untamos a quen faga falta… o que pasa é que temos que buscar financiamento…“, 
 
(así continuou reflexionando en alto e coa voz entrecortada o Isma, mentres os seus compañeiros de Carabullo miraban ao chan. Pasado un mes, Tomás colleu as maletas e puxo rumbo a Lausanne acompañado da Asesora Financieira de Carabullo, N.C.C. Todo o demais podedes desbullalo no vídeo de máis abaixo)
 
     
    Antes de mergullarvos no vídeo, lede as sabias palabras do Alpino de Bazar, Tomás Teijeiro, en exclusiva para TDLNB. O Campión Nacional de Varados e destacado científico informático está traballando no desenvolvemento da secreta APP, “Bazar quere mar”, que permitirá a Castro de Rei ter acceso ao Atlántico… pero, isto é outra cousa que prefire deixar no anonimato do seu Bunker de Lausanne.
Nome e apelidos: Tomás Teijeiro Campo
Lugare data de nacemento: Bazar,Castro de Rei. 30 Abril 1987
Lugar de residencia: Lausanne, Suíza
Ano de debut: 2012
Equipo actual: Carabullo
Cando e como foi o teu primeiro contacto co xogo da billarda e coa LNB?

O xogo recordo saber del toda a vida, pero penso que nunca o practicara
antes de facelo
“en serio” na LNB. Isto foi no primeiro Aberto da Ponte de Outeiro, cando Ismael tirou a casa pola ventá e quixo poñer a todo o mundo a darlle ó palán. Por certo, saíulle bastante ben!
Cales cres que son as túas principais virtudes como xogador de billarda?

A única vantaxe que teño é certa técnica de xogar ao tenis dende neno. Virtudes máis alá diso… pois, non me meto con ninguén, que xa é algo!
Que aspectos técnicos, físicos ou psicolóxicos deberías mellorar?

Psicoloxicamente son un desastre de xogador. Canto máis preto está a billarda do varal, máis me custa facerlle entrar. De feito o ano pasado tíñamos unha broma con Markytos de Billardeiros Musicais, e chamábamos “facer unha Tomasinha” a fallar un tiro estando a menos de medio metro e en liña recta…
Ordena estas superficies de xogo segundo a túa preferencia, TERRA, HERBA, AREA, ASFALTO, CEMENTO,PAVILLÓN.

Pois, case fixeches pleno! Cambiando a herba pola terra, esa sería a miña orde preferida. Para min, a maior gracia do xogo está en que o
levantamento ten que ser un pouco imprevisible, e que a billarda ten que avanzar voando, non correndo!
Cales foron os motivos polos cales escolleches Suiza como país de destino da bolsa de formación que che concedeu a LNB ao abeiro do Programa Calvete de intercambio europeo de deportistas de alto rendemento?

En primeiro lugar, quero aproveitar esta pregunta para desmentir os
rumores de que o de Suíza tivo que ver co tema este das federacións
(ti xa me entendes… ), e deixar claro que nos maletíns que levaba
naquela foto que me fixeron no aeroporto só había billardas e chourizo! Ejem, sen dúbida a elección de Suíza tivo que ver co terreo. Poder adestrar a 2800 m de altitude cunha presión atmosférica reducida permite reducir o desgaste muscular, e alongar as sesións de adestramento ata
un 20%. Ademais, en menos de 30 minutos podo desprazarme a unha superficie a 400 m de altitude, exactamente igual cá Terra Chá, e consolidar o adestramento en condicións óptimas.
Sabemos
que tamén te matriculaches durante varios meses na Academia de Roger
Federer para perfeccionar o golpe a varado sen tocar o chan. Estás
xa preparado para revalidar o título Nacional de Varados o 26 de
maio en Compostela?

O
que moita xente non sabe é que o que a Roger se lle dá ben é a
billarda, non o tenis! Aquí vos deixo unha
foto
dun dos nosos moitos adestramentos á beira do lago Leman. A verdade
é que o tipo ten planta! En canto a revalidar o t
ítulo
de varados, xurdiu un contratempo complicado, e é que ese día teño
que asistir a unha voda. Aínda así, xa contratei un detective
privado para ver se atopa algún segredo de parella que bote
ao
traste co matrimonio, pero vai estar complicado poder asistir. De
verdade que non imaxinas a mágoa que me dá.
A
que se debeu a túa incorporación ao equipo antes do esperado, tal
vez a que vedes o título en perigo?

É
verdade que a fin de semana de Bretoña era crítica, e Ismael
conseguiu os recursos para traernos tanto a min coma a Javi Morán de
reforzos. O meu non foi complicado, só houbo que fletar un Jet
privado Lausanne-Rozas, pero a Javi Morán tivo que prometerlle unha
cea… e ti non sabes ben o lambón que é ese rapaz!
Cal
vai ser a túa preparación de cara ao mes de maio, no que se
decidirá o título de Conferencia Norleste de Equipos e no cal se
disputarán as Finais LNB 2019?

Pois,
moito
ao
meu pesar a única preparación que podo facer é a de axilizar os
dedos para escribir as mensaxes de ánimo
aos
meus compañeiros no Whatsapp máis rápido. Aínda así, o mellor
ano está sendo no que falto eu, así que, non imos
estragar
a tendencia, agora ó final.
Sabemos
que a túa incorporación débese á estratexia de Carabullo para
incluírte na xornada final de Remourelle no grupo d@s xogador@s da
parte baixa da clasificación, para deste xeito sumar os 25 ptos que
vai necesitar o equipo para conseguir o título. Consideras ética
esta maneira de actuar?

En
todo caso, que un xogador sacrifique completamente a súa tempada
individual só para axudar
ao
equipo veríao como un acto de grande xenerosidade. Con todo, non vou
poder asistir tampouco
ao
Aberto de
Remourelle, así que, non fará falta pasar polo confesionario.
No
caso que finalmente Carabullo e Chaínzos-Cadaval cheguen a un acordo
para o traspaso de Pepe Outeiro e tiveses que buscar novo equipo, en
que outro equipo che gustaría xogar?

Calquera
dos equipos ten potencial para dar a sorpresa, pero eu por agora
aínda estou en etapa de namoramento xuvenil, así que, ou con
Carabullo ou independente. (A menos, claro está, que haxa chourizos
ou liscos polo medio, entón pode falarse de calquera cousa).
Finalmente,
outra pregunta aínda máis incómoda: é certo que cando fixeches o
varado na final LNB 2018 en Compostela estabas baixo os efectos dunha
substancia que potencia o rendemento físico?… poderías dicirnos
cal é?

 


Aquí
vou facer coma Indurain. Se cadra cando publique as miñas memorias
me atrevo a contar algo máis, pero, por agora só direi que tivo
algo que ver co toxo… e xa falei de máis.

 

XORNADAS DA FIN DE SEMANA
       Para ver o vídeo espectacular de presentación do Aberto de Ponte de Outeiro pinchar enriba de MURIEGOFILMS.
 
 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome