TODOLNB fala con… ÓSCAR PONTE TATO

0
129
       Xa sabiamos que nas leiras de Paiosaco agroman paláns a eito e das súas árbores penduran billardas, o que nos faltaba por descubrir é que tamén se dá a maior densidade de palanador/a por metro cadrado da Provincia. Óscar pertence a esta especie de palanador que se dá nas terras da Laracha, sereno, amable, colaborador e alegre. A súa chegada ao mundo LNB foi dunha maneira peculiar e pouco habitual. A difusión da billarda que a LNB está levando a cabo desde o 2005 utiliza varias ferramentas sociais, entre as que destacan a transmisión das xeracións adultas ás novas xeracións. Pois ben, no caso de Óscar foi á inversa. Foi grazas á insistencia do seu fillo Abel Ponte (unha das grandes estrelas da categoría infantil da LNB) que Óscar se animou a probar o xogo. Certo que Abel foi estimulado convenientemente coa promesa de varios agasallos polo seu padriño, Xulio Ponte. Deste xeito, Óscar comezou con certa obrigación de bo pai, pero, ao final o xogo prendeu nel. Agora, é un habitual dos campos de billarda, sempre que as súas obrigacións familiares llo permiten.

 

 

 

        Óscar foi evolucionando no seu xogo segundo foi competindo. Hai que considerar que aprendeu a xogar á billarda na LNB. Daquela, a súa progresión produciuse sobre o terreo de xogo, vendo a técnica doutros xogadores. Nun primeiro momento comezou xogando axeonllado. Posteriormente, veu que a potencia dos seus golpes aumentaba se o golpeo se facía erguido. Desde ese cambio no seu golpeo o triunfo en 5 xornadas de liga refrendou o súa melloría. O seu nivel actual é de G-10 da Conferencia e se acudise a todas as xornadas con seguridade estaría loitando polo título.

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome