TODOLNB fala con… MARÍA EUGENIA RODRÍGUEZ SAMPEDRO “GENI”

0
181
        Falar de Geni é un privilexio, pois estamos diante do emblema feminina da LNB. Iniciou a súa andaina, nesta aventura marabillosa de recuperar a práctica da billarda, no 2007, da man dun grupo de amantes da música, residentes no concello de Ribadeo. Desde aquel momento, converteuse, tamén en amante da billarda, mais son amores diferentes. Pola música sente un amor maternal e pola billarda un amor fraternal. Este sentimento levouna a viaxar por todo o país emocionándose cada vez que xoga, pois ela fai música de percusión en cada golpe.O seu compás favorito é o binario, xa que en dous golpes é quen de acadar o varal, cousa que poucos xogador@s son quen de conseguir. Algunha vez usa o ternario… cando a situación o precisa.
        Infatigable e tenaz, nin as lesións nin o paso do tempo son quen de minguar a súa eficacia musical tocando a billarda. Simplemente, a máis laureada xogadora galega da historia da LNB. Os seus resultados non son do pasado, xa que, na última xornada da Conferencia Norleste (2018-12-16) fíxose co triunfo. Ademais, as últimas sete temporadas foi Campioa da Conferencia Norleste. Xogadora que se adapta a todo tipo de superficie. Mostra unha efectividade moi alta no golpeo da billarda. Geni é un referente para as novas xeracións femininas que se incorporan á LNB, un espello onde comprobar que os obstáculos da vida son doados de superar desde o esforzo, a superación e a constancia. Con calquera idade, o ser humano é quen de construír valores de respecto e de superación a un mesmo tempo, e Geni é unha demostración disto. 
       En fin, aquí están as palabras de Geni sobre o presente e o futuro da LNB. Ollo ás súas opinións sobre a continuidade do Seleccionador Nacional Flores…
      
Nome
e apelidos:
María Eugenia Rodriguez
Sampedro

Lugar
e data de nacemento:
Ribadeo, 1952-01-18

Lugar
de residencia:
Ribadeo

Ano
de debut:
2007

Equipo
actual:
Billardeiros Musicais



Cando
e como foi o teu primeiro contacto co xogo da billarda e coa LNB?
Souben
da billarda e da LNB nun campamento musical que fixo Amadores da
Música ao que como actividad lles fixeron xogos tradicionais aos
cativos.


-Que
accións propoñerías para que máis nenas e nenos practicasen
billarda?
Supoño
que implicando máis aos pais para que leven aos cativos a ver alguna
conpetición.


-Cales
son as túas principais virtudes como xogadora de billarda?
Moito
tesón. Que a tomo moi en serio. Respecto e quero que se respecten as
normas.


-Que
aspectos técnicos, físicos ou psicolóxicos debes mellorar?
Estou
contenta de como me vai, só me gustaría ter un pouco máis de forza
no golpeo.


-Ordena
estas superficies de xogo segundo a túa preferencia, TERRA, HERBA,
AREA, ASFALTO, CEMENTO, PAVILLÓN.
Area,
cemento, pavilllón, terra, herba e asfalto.



moi estraño verte fallar algún golpe, cales son os secretos da túa
eficacia no golpeo?


Creo que me beneficia o levantar moi pouco a billarda e manter a posicición ao golpeala. 



-Cales
foron as claves da túa vitoria no Aberto do Galo 2018?
Xogar
a dous golpes e aproveitar os erros dos contrarios. Na última
carreira, cando todos deron golpes mais ben cativos, arrisquei a
varado e saíume ben.


-Que
farías para que máis mulleres xogasen á billarda na túa comarca?


Véxoo complicado. Anímanse poucas e non sei a razón, porque é divertido e asequible. 



-Cales
son as fortalezas e debilidades de teu equipo Billardeiros Musicais?
Como
fortaleza o compromiso e o bo talante de todos nós. Como debilidade
que agás Markytos, todos vamos xa polos setentaitanto, e máis aínda… jajaja. 


-Cales
son os teus obxectivos para esta temporada, tanto individuais como
colectivos?
Como
obxectivos individuais, clasificarme entre os quince primeiros e loitar
polo campionato femenino en Santiago. Nos colectivos, este ano
parece que o temos crudo, pero gustaríame seguir como campións de
conferencia e ir dalo todo nas finais, que últimamente se nos veñen
atragantando.


-Queremos
preguntarche por varios temas de actualidade. Cales foron as causas
da derrota na Copa Cantábrica?
Quizais
que nos confiamos demasiado. Cando tíñamos ganado propuxéronnos
xogar unas voltas máis e aceptamos, indo de sobrados, e déronnos nas
cachas.


-Estás
a favor ou en contra da continuidade de Flores como seleccionador LNB
e por que?
Estánselle
dando moitos paus e o pobre non ten culpa de que nos desconcentremos,
sempre sacou con nota estos encontros e merece un voto de confianza.



No caso que Flores non continuase, a quen propoñerías ti para que ocupase o cargo de Seleccionador Nacional?
Penso
que Flores debe seguir, pero, e só si él decide marcharse,
propoñería ao meu cuñado Franco po cargo. Dun lado sería un toque
de distinción ter un seleccionador extranxeiro e doutro estaría
sempre convocada, ou iso creo… jeje.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome