TODOLNB fala con… JUANMA CAMIÑA REA

0
196
        Aprendeu a xogar á billarda na LNB. Con 10 anos e 14 días descubriu este marabilloso deporte tradicional. Desde o primeiro momento houbo química entre a madeira e Juanma. Era un neno de pelo longo e vestimenta escolar estándar, cunha técnica moi rudimentaria de golpear a billarda. Pero, foi fichado por Lúa de Forza, e todo cambiou para o de Dorrón. O equipo de Sanxenxo aplicou con el un programa pioneiro de iniciación e perfeccionamento na técnica de golpeo paralelo, pois o neno tiña adquirido o inadecuado golpe machada, herdado do seu proxenitor, JM Camiña. Despois de sacrificados adestramentos, Juanma completou a súa formación deportiva cunha dieta rica en algas e oligoelementos. Ao mesmo tempo, adquiriu o saudable hábito de durmir en cámara hipervárica.
        Deste xeito, a súa evolución como xogador foi meteórica. Na actualidade, con 16 anos, 2 meses e 12 días compite de igual a igual cos máis grandes palanadores das Rías Baixas e da LNB. Nas finais LNB 2018 foi Campión Nacional na Categoría Infantil, Subcampión Nacional na Categoría Individual Absoluta e Subcampión Nacional na Categoría de Equipos, ademais de participar na Final de Varados. Os seus números indican que estamos ante un xogador que poderá superar todas as marcas históricas de triunfos da LNB. Sobre todo, tendo en conta a súa xuventude, o seu entusiasmo e…especialmente, os seus xenes ganadores dos “Camiña”… ou mellor, descansa” .

 

        Juanma encabeza a clasificación xeral na Conferencia Rías Baixas despois de 7 xornadas. O seu estado de forma é excelente e moitos analistas deportivos xa o vén como candidato, tanto ao Título de Conferencia como ao Título Nacional. En breve, entrará no clube dos centenarios e centenarias da LNB xogando a súa xornada LNB número 100. Juanma formou parte do equipo LNB que subiu ao podio no Torneo Internacional PANDOLO 2018 e xa acadou 32 tiros directos ou varados. En definitiva, os seus números son inigualables para un xogador da súa idade, e non se sabe onde estarán os seus límites deportivos. Juanma é un froito LNB, ao cento por cento, daquela, debemos coidalo como se merece, igual que a todas as nenas e nenos da xeración 21 (nacidas e nacidos no século XXI).

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome