TODOLNB fala con… GÁNDARA

0
173
       Na Terra de Soneira hai un lugar que pertence á parroquia de Santa María de Baio e que se chama Fornelos que ten o honor de ser berce de José Gándara Martínez. Por que naceu no concello de Zas e un misterio que só el coñece. O que si podemos asegurar é que este zaseiro deixou pegada no mundo da billarda. O seu nome xa está no Alboio da Fama LNB como ganador de dúas xornadas de liga. Tod@s recoñecen que está tocado pola Fortuna, pois, nos campos de billarda, os seus malos golpes vense acompañados de golpes peores dos seus opoñentes. Semella que a Torre de Hércules aínda garda luz no seu faro para iluminar ao de Filloas de Sangue. 

       Na pasada segunda xornada celebrada en Eirís conseguíu un fito ao alcance de moi poucos palanadores na súa conferencia, como é o de situarse de líder da clasificación xeral. Os datos son contundentes, desde a temporada de debút de Gándara, 2014-2015 tan só 3 palanadores estiveron algunha xornada de líderes. Destes 3, Berdillo só estivo nunha xornada na temporada 2016-2017 e Luís Piru na 2014-2015 alternouse no liderado con Collazo. En todas as demais xornadas, Collazo estivo sempre no liderado. Estas cifras indican o valor do que fixo Gándara, que xa a temporada pasada ocupou o segundo posto do podio final de Conferencia. Este será o ano da súa definitiva consagración? Isto foi o que nos dixo J. Gándara ao respecto. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome