TODOLNB fala con… COLLAZO

0
184
       A historia de Xosé Collazo como xogador LNB está enraizada na xuventude, cando aprendeu a xogar á billarda pola intervención de seu tío. Estas raigames empezaron a botar tronco a partir do 25 de maio de 2010. Ese día, Collazo coñeceu ao colectivo LNB. Desde ese momento, o de Gabenlle mostrou un talento innato para este deporte. Ademais, convertiuse nun destacado axente de transmisión do xogo da billarda. Deste xeito, contribuíu e contribúe a que este deporte marabilloso sexa coñecido por máis persoas tanto na Comarca de Bergantiños coma noutras comarcas da provincia da Coruña.
       O seu golpeo non se parece ao de ninguén, pois o de Campo da Feira utiliza, principalmente, a articulación do pulso como sustento do seu poderoso impacto, cando os demais xogadores e xogadoras apoianse no ombro e no cóbado para imprimir forza aos golpeos.

 

        Desde a primeira participación nunha xornada de liga mostrou o seu indiscutible nivel competitivo. Aquel 5 de outubro ganou a xornada. A partir da temporada seguinte acadou todos os Títulos de Conferencia disputados e máis dunha ducia de vitorias en xornadas de liga.
        Para entrar no G-10 da historia da LNB fáltalle algún Título Nacional, por iso, lembra con enorme satisfacción o momento no que subiu ao podio da Categoría Equipos na Final LNB 2014. Tamén, no 2016 foi terceiro na Categoría de Varados da Final LNB. De todos os xeitos, é un dos que sempre acude ás Finais LNB como posible Coroceiro Nacional.

 

 

 

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome