TODOLNB fala con .. CHO CARBALLA POUSADA

0
243
       Cho Carballa foi un neno que non tivo ocasión de coñecer o xogo da billarda na súa infancia. Así que, foi en setembro de 2016, grazas a que ACDM Armadiña organizou a actividade de xogos tradicionais, cando o de Combarro tocou por vez primeira un palán. Foi coma un frechazo, amor a primeira ollada, o que sucedeu entre Cho e aquela pequena billarda na Praza da Chousa.

 

       Desde o primeiro momento, Cho demostrou que golpear unha billarda co palán era algo que se lle daba ben. Non tardou en subir a un podio LNB. Foi segundo na xornada de Castrelo, o 26 de novembro de 2016, apenas un mes despois da súa estrea na liga. 

 

       Na xornada 4 da Conferencia Rías Baixas conseguíu a súa segunda vitoria nunha xornada de liga. Os seus números marcan unha tendencia ascendente. Ademais, na xeral ocupa o G-5. O seu potencial indica que pode ser unha das grandes alternativas aos xa consagrados xogadores das Rías Baixas. Veremos ata onde pode chegar o calmado bateador de Armadiña. 
       Cho Carballa sintetiza na súa conduta un dos fins que está marcado a lume no ADN da LNB, xa que, transmitiulle ás súas nenas este xogo marabilloso. Agora, Naia e Nerea, nenas do século XXI, coñecen un xogo tradicional chamado billarda, e poderán escollelo (ou non) como entretemento en momentos do seu lecer infantil. Será unha actividade máis entre outras que a sociedade lles ofrece. 

 

 

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome