TEMPORADA 2012-2013

0
114
Rematou a temporada 2012-2013 coa celebración do PLAY-OFF. Mais a LNB non se detén. Durante estes meses de verán organizaranse os TAB (Torneos Abertos de Billarda) en moitos lugares de Galicia. Este é unha das maneiras que ten a LNB de facer chegar a máis persoas un xeito de entender este deporte da billarda.
Se alguén está interesado, interesada, en levar un TAB ao seu pobo, aldea, vila ou barrio, por favor, contactade con nós en calquera dos blogs de conferencia, a través dun comentario ou do facebook. Buscade na rede e toparedes. 
As clasificacións están todas actualizadas e cerradas. A modo de resume, dicir que esta temporada 482 persoas xogaron co formato LNB en toda Galicia. Foron mulleres 353 e homes 129. Un dato fundamental desta temporada é que máis de 50 nenos e nenas de 14 anos ou menos xogaron con nós. Moitos destes nenos e nenas nacidos no século XXI, o cal nos fai pensar que este deporte seguirá vivo, polo menos ata o século XXII. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome