TABs de NADAL crónica

0
190

INFANTIL
3º-MIGUEL CANCELA     1º-ABEL PONTE     2ª-NEREA CARBALLA

FEMININA
3ª-MARGA     1ª-LU    2ª-MARISA




MESTRÍA DE BILLARDA 2018
Pontevedra

     Gerardo Torres
convertiuse no Mestre da Billarda 2018, superando aos adversarios e
ao terreo de xogo. O fenomenal palanador do Grove non tivo rival
evitando as dificultades dun campo de herba irregular e non apto para
xente sedentaria, pois había que desprazar o corpo para correr
detrás da billarda, quen ás veces saltaba moi adiante, ás veces
moi atrás e poucas veces saltaba no seu sitio. En definitiva,
todos os favoritos e favoritas, con mellor clasificación,
naufragaron á beira do Lérez. O nativo do Grove foi quen de ter a
suficiente paciencia para esperar o naufraxio das billardas dos demais
e acercarse coa súa dorna grovense ata o porto do varal, antes que
ninguén. 
      Nin as canoas da xente da Comarca de Malpica foron quen de asustar a Gerardo Torres. Acaso, Collazo inquietou ao do Grove, mais, no último golpe foi xeneroso. A presenza de palanadores e palanadoras da Conferencia Noroeste foi moi ben recibida… ao principio, pero despois de dúas horas de xogo, algunhas persoas preguntábanse quen era ese infatigable conversador que esgotaba aos seus rivais a base de frases conxuntivas e subordinadas encadeas sen fin. Falaban, claro está, da Araña de Paisaco, que te envolve coa súa tea de araña dialéctica e afoga a todo rival que se lle poña por diante. É coñecido polo nome en clave de EGASA.

MARIÑA (MAC) A única xogadora zurda de billarda da LNB estivo presente en Pontevedra. 

JUANCHI (LÚA) O palanador saltador. A técnica de Juanchi consiste en saltar antes de golpear a billarda.

EGASA é o seu nome en clave. Ten un superpoder que lle permite debilitar aos rivais cos que se enfronta. Usa a arañeira dialéctica, unha técnica inciada por Sócrates no século V a.c., que lle permite atrapar aos adversarios sen apenas resistencia. Tamén, atende ao alcume da Araña de Paisaco
     Acabamos de enterarnos que hoxe, ás 12 horas, remataron os traballos de restauración da herba do estadio da Xuventude de Pontevedra. 35 persoas estiveron, en xornadas de 4 horas pola mañá e 2 horas pola tarde, tapando buracos que se encontraron o luns 31 ao abrir de novo as instalacións. Sospeitan que un rabaño de toupas fixeron as súas galerías na fin de semana. Pero… certo que as toupas tiñan dous brazos e dúas pernas e proviñan do norte. Si, compañeiras e compañeiros, nós sabemos que ese fato de toupas estaban provistas de paláns e billardas.
FIN DE ANO 2018

Paiosaco

PARTICIPACIÓN EXTRAORDINARIA 42 persoas
      O Aberto de Fin de Ano contou coa inestimable colaboración do sol para conseguir o éxito de participación. Debemos salientar, sobre todo, a participación dos cativos e as cativas. O Campo da Feira é un lugar céntrico de Paiosaco o que permite que a visilidade da billarda estea garantida. Deste xeito, houbo alegría e entusiasmo, pois a infancia é o que trasmite. É algo sensacional que persoas de distintas xeracións poidan compartir un espazo e un tempo de billarda.  

   


   Tamén, apareceron xogadores das outras conferencias. Vemos na foto de arriba a Sachas, que debido ao seu rendemento mediocre das últimas xornadas na Conferencia Norleste, decidiu non tomarse vacacións e continuar xogando durante o Nadal, para ver se así recupera o golpe de principio de temporada, cando parecía que optaría ao título de Conferencia. O de Riotorto decidiu seguir adestrando e xogando nesta época na que o seu equipo, Toitas Bravas, fai o parón invernal. Os seus compañeiros e compañeiras vén con bos ollos esta decisión e incluso lle recomendaron que seguise, no novo ano, unha dieta que lle permita baixar os niveis de transaminasas e así dar descanso ao fígado.
      Ao final do Aberto, a Asociación de Veciñ@s Campo da Feira ofreceu un ágape a tod@s @s participantes. Todo transcurría con normalidade ata que a alguén se lle ocurriu mirar o rexistro sanitario do salchichón e da mortadela e encontrou a sinatura do ministro de sanidade, J.M. Romay Becaría. Ninguén dixo nada no momento, pois as datas festivas así o aconsellaban. Non obstante, as consecuencias xa se fixeron notar. Sachas estivo sen durmir dúas noites con cólicos intestinais, J. Vilas perdeu 22 quilos en forma de excrementos líquidos e, o máis doloroso, Edu García estivo perto dunha hora sen dicir palabra, pois cando intentaba abrir a boca a mortadela en forma líquida ameaza con saír. Tamén, soubemos máis tarde que o Apalpador (X. Cotelo) chegou á casa apalpando a súa propia barriga. Polo demais, todo se desenvolveu nun ambiente cordial, alegre e festivo.
      A prensa continúa informando sobre uns tolos e tolas que pasan parte do seu tempo de lecer xogando Billarda. Excepcional traballo do gabinete de prensa da LNB Noroeste que conseguiu que no segundo día do ano, o primeiro laborable, os xornais falen de billarda. Grandioso!!
NORLESTE

    Emotivo Aberto homenaxe a Xosé da Flor, compañeiro que foi durante moitos anos e que nos deixou no 2017. No marco incomparable da Praza do Convento, os golpes da madeira contra a madeira espalláronse polo aire, nunha percusión que vai máis alá do corpóreo, buscando o espírito de XDF.

2º-RUBÉN   1º-DANIEL RGUEZ    3ª-PAULA

SAÚDE e BILLARDA SEMPRE no 2019 !

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome