TAB no fin do 2019… MESTRÍA 2019, 28 dec (Pontevedra)- FIN DE ANO 31 dec (Paiosaco)

0
397

Para rematar o ano, a LNB ten programados dous TAB con sol e no exterior… cousa inédita desde hai dous meses. Quen queira saborear a billarda a ceo aberto e golpear sen medo a fender a iluminación que pendura dos teitos dos pavillóns, que se acerque o sábado 28 decembro ao CGTD (Centro Galego de Tecnificación Deportiva) de Pontevedra. Xogarase en herba e vai facer un sol de casecarallo (20º), daquela, levade protección solar e ocular. Este Aberto está dentro da programación da Festa HQR, polo tanto, todos os participantes serán tratados como deportistas de seu, con bebida e comida unha vez rematado o TAB, ademais dos trofeos habituais para os podios das tres categorías.

 

Aquí tendes a promoción que fai o maior Influenser da LNB, EGASA, do Torneo Aberto de Billarda que se xogará o vindeiro día de fin de ano, 31 de decembro en Paiosaco.

O día 31, o TAB Fin de Ano de Paiosaco é xa un referente de última partida de billarda do ano no territorio galego. Será no Campo da Feira de Paiosaco, A Laracha. Xogarase en baldosa de cemento e con temperatura máis atlántica que en Pontevedra, pero tamén poderedes lanzar a billarda ata o ceo. Que magnífico final de ano billardeiro no epicentro provincial da billarda, con sol e con… supoñemos que o equipo local agasallará a todos os participantes con produtos típicos do Nadal e brindarase polo Aninovo.

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome