TAB FIN DE ANO ou Fin de Era… para Campo da Feira?

0
452

Para rematar o ano 2019 celebrouse o TAB de Fin de Ano en Paiosaco. 36 participantes, dos cales houbo 10 en idade infantil. Magnífica nova, xa que, a billarda atrae a nenas e nenos cunha forza irresistible. Fóra de compromisos escolares, as crianzas buscan actividades divertidas e nas que a interacción e socialización estean por enriba das extenuantes esixencias competitivas doutros deportes. Daquela, a billarda encaixa neste modelo como zoca no pé dunha labrega.

No aspecto competitivo, ganou Xan Rodiño na Categoría Absoluta, segundo foi Viqueira e terceiro Lois Fontán. En Féminas primeira foi Merche, segunda Mariña e terceira Marta. En Infantil ganou Migui Cancela por diante de Abel e Marc. En Equipos foi primeiro Campo da feira, segundo Filloas de Sangue e terceiro Malpica-Cochiqueiros.

Pero, se algo podemos destacar desas últimas horas do 2019 son os movementos no mercado de fichaxes. A adquisición de Landras por Filloas de Sangue foi un movemento sísmico que afectou de xeito colateral a outros equipos da Conferencia. Sen ir máis lonxe, Campo da Feira entrou en crise e os resultados deste Aberto así o confirman. Despois de moitisimo tempo ningún dos seus xogadores acadou a final e, ao mesmo tempo, certos actos indisciplinados dalgún xogador desembocaron no traspaso de Juancar a Filloas. A prensa Nacional sae coas portadas desta noticia.

LANDRAS atendendo aos medios de comunicación ao finalizar o Aberto. A súa fichaxe xa trouxo consigo a mellor actuación colectiva de Filloas desde a temporada…. xa non lembramos o ano. En fin, Filloas foi segundo e con só 3 xogadores e Landras acadou 24 ptos

En definitiva, Collazo cansouse da indisciplina de varios xogadores e ademais de fulminar a Juancar está buscando novo equipo para a temporada que vén.

Foto que desatou a furia do Stalin de Gabenlle, Collazo. A noite anterior ao Aberto, Edu e Juancar estiveron ata altas horas da madrugada nun local … nun balneario … refrescándose.
Tal foi o seu enfado que aproveito a presenza dos fotógrafos de prensa para expresar a sua intención de abandonar Fei

 

Aquí quedan algunhas fotos espectaculares de deportistas galegos no Aberto de Fin de Ano de Paiosaco.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome