TAB FILLOA 2013 MUIMENTA

0
138
 Esta é a crónica do Torneo Aberto de Billarda 
 FILLOA 2013 (MUIMENTA)
 
No III Aberto da filloa de Muimenta, encadrado dentro da xornada de
xogos tradicionais, Xotramu de Muimenta, participamos 40 palanadores e
palanadoras de diferentes idades.
Moita xente da que participou non
pertence a ningún dos equipos da LNB, xa que nesta xornada apuntase
xente de toda Galicia e Asturias que ven a pasar o día a Muimenta.
Aínda así estaban representados os seguintes equipos:
-Garabotos
-Billardeiros musicais.
-Tropa lixeira.
-Extensión Billarda.
-O Cadaval.
-Remourelle Bulls.
-Carabullo.
Na porcentaxe entre homes e mulleres foi claramente superior a masculina, representando esta un 75 %.
Moitos
nenos e nenas participaron tamén ao longo de todo o día, xa que pasamos
dende as 11 da mañá ensinando a xogar a todas aquelas persoas que se
acercaron e se interesaron polo xogo, máis á hora do aberto só se
apuntaron sete, con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos.
Cabe
destacar a participación de varios representats de Ourense, que estaban
xogando á chave e deixaros os seus aparellos para agarrar os paláns que
alí tiñamos á disposición de quen quixera xogar. De feito un deles foi
o que se levou a victoria final, acadando así o trofeo e un lote de 50
filloas. Este foi Aser, xogador habitual da chave de Ourense.
 

Este foi o podio:
3º. Luís de Garabotos. (25 filloas)
2º. Javi de Carabullo. (30 filloas)
1º. Aser, xogador da chave de Ourense. (50 filloas e trofeo)

Tamén quero darlles as grazas a Suso de Remourelle, a Muriego e a Luís
(Pirucha) por botarnos unha man para que o aberto saise todo o ben que
saiu! Graciñas amigos!

E ollo! que a billarda se abre a Ourense! Esto pode ser un gran paso para a LNB.
(ISMAEL DE OUTEIRO, facebook) 
 
 
 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome