TAB de San Rosendo

0
156
       Un ano máis o TAB de San Rosendo pon en xogo os premios máis cotizados dun Aberto LNB. Deste xeito, o orzamento do Aberto supera os 1000 euros. Este orzamento inclúe os premios que se levarán @s palanador@s que suban ao podio e máis a equipación oficial para tod@s @s participantes.

        Como vemos na fotografía a equipación oficial do Aberto é a que loce o seleccionador LNB Flores. Camisa en cadros lila e brancos, con colo vermello e rematada en puños da mesma cor vermella lacón. Pantalón vaqueiro tradicional da Mariña e zapato baixo de coiro negro. Tod@s @s participantes levaranse unha destas equipacións.

        Pero, de novo a incerteza sobre a celebración deste Aberto está presente ata 24 horas antes da celebración do mesmo. Así, coa entrada en vigor da Lei 4/2017, de 3 de outubro de protección e benestar dos animais de compañía hai que certificar á Consellería de Medio Rural que o animal do que proceden os premios non é de compañía, cousa complicada de demostrar xa que para Flores o cocho sacrificado era coma un máis da familia. Sempre o tiña presente nos seus pensamentos. Daquela, entendemos as dificultades do seleccionador para coller o sono as noites posteriores ao sacrificio de “Botiñas“, como lle chamaba ao bacoriño.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome