TAB de MUIMENTA 2019-06-02

0
94
      Xa temos a información relativa ao Aberto Xotramu disputado en Muimenta durante a XI Festa dos Xogos Tradicionais. Houbo unha participación multitudinaria e estiveron presentes 7 equipos LNB e representantes das dúas Conferencias do Norte do país. Ademais, xogaron persoas que nunca antes o fixeran, cousa fantástica para a expansión deste marabilloso deporte da billarda. 

      O podio do Aberto foi ocupado por Santi, Collazo e Ismael. A xenerosidade da xente da chaira é mítica e non quixeron ocupar o podio enteiro con persoas nativas, deste xeito, deixaron que un dos forasteiros, vido da Laracha, levara un recordo da artesanía de Estilo Ismaelino (escultura en madeira propio da Ponte de Outeiro).

     


     Outro ano máis XOTRAMU encargouse da organización do TAB de Muimenta. Esta asociación é unha peza clave para a recuperación da práctica da billarda na Terra Chá. Parabéns e grazas por este traballo en prol do patrimonio lúdico galego. 


SANTI CARABULLO

SACHAS TROITAS BRAVAS

ISMAEL CARABULLO

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome