SUPER FINDEBILLARDA 15 e 16 FEBREIRO RIOTORTO MEIS e A LARACHA

0
625

Xa está aquí unha das fins de semana máis esperadas no mundo da billarda. O Super Findebillarda de febreiro no que coinciden as tres Conferencias LNB celebrando xornadas de liga. Fantástica oportunidade para viaxar polo noso país e coñecer lugares exóticos coma Riotorto, terra de ferreir@s, entendemos que algunha ferreira habera ou habería. Berce, tamen, dese grandioso palanador de Troitas, Sachas Sachas, de sona mundial por ser o único nativo de Riotorto que prefire a madeira antes que o ferro.

Comeza a competición o sábado coa xornada da LNB NOL ás 15:30 h no campo de fútbol de Riotorto, de herba natural. Ás 16h. comeza a xornada da LNB RÍAS no campo de futbol da Armenteira (Meis), de terra. Finalmente, o domingo pola mañá, ás 11h. no campo de fúlbol de Vista Alegre, en Soandres (A Laracha), de terra.

 

 

 

A ilusión de toda persoa con evidentes síntomas de namoramento da billarda sería xogar as tres xornadas, cousa fisicamente imposible. Non obstante, hai un equipo que se propón un reto que ninguén puido realizar ata o de agora, presentarse a competir nas tres Conferencias. Isto só está ao alcance daqueles equipos cun cadro de xogador@s moi numeroso. Pois ben, Campo da Feira está preparando un equipo FEI A para acudir a Riotorto e outro FEI B para acudir á Armenteira o sábado. O domingo acudiría o equipo completo a Soandres. Incluso planifican o xeito de ganar as 3 xornadas.