SISTEMA DE COMPETICIÓN E REGRAS LNB NOL 2019-2020

REGRAS DE XOGO DA  CON FERENCIA NORLESTE

 

 1ª)  A Liga regular comprende 14 xornadas puntuables (auméntase a de Riotorto) que se fixarán seguindo o patrón das tempadas anteriores e antes do comezo da tempada. Además  disputaránse distintos torneos que non serán puntuables e que se poderán xogar polo sistema da liga ou por grupos e eliminatorias para así acadar un campión de torneo. 

  2ª) Para a liga regular, os participantes van todos a un bombo e por sorteo directo vanse  conformando seis grupos (agás na derradeira xornada), normalmente de 8, 9 ou 10 xogadores cada grupo).

Para a derradeira xornada os grupos conformaranse segundo a clasificación nese momento, e dicir: se os grupos son de sete persoas, por exemplo, nun grupo estáran os sete primeiros clasificados que estén presentes, noutro grupo os sete seguintes e así sucesivamente.

3ª) Xogaránse cinco carreiras con puntuación de 5,4,3,2,1,0 do seguinte xeito: o primeiro que entre sumará 5 puntos ao igual que todos os que entren nesa rolda. Na seguinte tirada, todos xogan por 4 puntos (independientemente do número de xogadores que entrasen con 5), e ainda que nadie marque nesa tirada, a seguinte  xa será por 3 puntos, a seguinte por 2, a seguinte por un e quen non marque queda con 0 puntos. O gañador do aberto será quen teña mais puntos o final do aberto.

En caso de empates decidirase xogando dúas ou tres carreiras para definir os tres primeiros postos do aberto, segun sexan dous ou mais os empatados e decir:

2  empatados xogan 2 carreiras,  si persiste o empate, outra carreira e si ainda siguen igual entón farase ó tiro mais longo.

3  ou mais empatados xogan 3 carreiras  e de persisitir empate xogarase outra carreira e xa sí, ó tiro mais longo.

Cada xogador sumará para sí os puntos conseguidos nas cinco carreiras.

 4ª) A clasificación FINAL de cada palanador será a suma dos puntos acadados nas catorce xornadas disputadas. Para decidir o campión da tempada en caso de que dous ou mais xogadores rematen co mismo numero de puntos, atenderase a quén deles gañou mais xornadas, quen fixo maior número de puntos nunha xornada, quen foi o mellor segundo e así sucesivamente.

No caso de que dous ou mais equipos rematen tamén empatados a puntos, seguirase o mismo criterio (que equipo gañou mais xornadas, cal foi o mellor segundo etc.). 

5ª) O xogador non poderá tirar ata que llo mande o árbitro, e unha vez tirado, non poderá tocar a billarda ata que o ártibro vexa donde caeu. Pola súa banda, o árbitro debe estar colocado por detrás do xogador que tira para  que a súa visión da traxectoria da billarda sea correcta, tamén contará cun o dous xuices de varal que confirmarán si a billarda traspasou a liña de varal ou non.

6ª) Cada equipo poderá participar con cantos xogadores desexe sin ser necesario que xoguen sempre todos en cada aberto: poden xogar os que queiran, pero xoguen os que xogen, só puntúan para o equipo os catro que consigan mellor puntuación en cada xornada.

Pódese participar nos torneos sen ter equipo, e pode facerse un equipo só para un torneo. Ao longo da liga pódense incorporar novos equipos a competición, si ben so acadarán puntuación nas xornadas que xoguen, considerándose perdidas as que hasta ise intre teñan transcurrido. Tamén se permite a incorporación de novas fichaxes para o equipo perante a liga, sempre que non teñan xogado esa tempada noutros equipos, non tando permitido que os palanadores  cambien de equipo para non alterar a competición.
Tendo en conta que a billarda se xoga polo sistema de abertos, tódolos palanadores de forma individual ou en equipo, poden participar libremente nos abertos de calquera das conferencias existentes si ben so poderán clasificarse para disputar as finais de Santiago na que corresponda a súa demarcación. No resto puntúan so de forma testimonial e para o propio aberto que disputen.
Para axilizar e comenzar ca máxima puntuabilidade, cada equipo debe ter comunicado con anterioridade os nomes dos palanadores que van a participar no aberto. O sorteo farase 1/4 de hora antes da establecida para o comezo e na presencia de alomenos un representante de cada equipo. Si algún xogador se presenta unha vez feito o sorteo, irá o grupo que menos xogadores teña ou ó que coresponda por orden. 

7ª) As medidas do palán e da billarda, deberán ser regulamentarias. (Palán 60 cms. de longo e entre 1,5 e 3 cms. de diámetro. Billarda entre 18 e 25 cms de longo e entre 1,5 a 3 cms. de diámetro).

Si un xogador fai reclamación de que o contrario está usando material fora das medidas regulamentadas, faranse as debidas comprobacións e de ser certo, o infractor será sancionado ca perda de todas as carrerias xogadas con ese material. O palán deberá ir suxeto a muñeca por unha cincha de seguridade  OBLIGATORIA para xogar nos abertos da LNB. 

8ª) As árbores, farolas ou distintos obxetos fixos que existan na pista de xogo, consideraranse elementos do xogo; polo tanto si a billarda bate contra eles será como si batera contra o poste do varal, considerándose válido o lugar en que acaba a billarda. O mesmo ocurre si a billarda bate accidentalmente noutro xogador, no árbitro o en calquera que distraidamente poidera cruzar a pista no momento do xogo.

  9ª) Si ó ser golpeada unha billarda por un palanador peta noutra que estea parada, esta debe volverse ao seu sitio e a que golpeou fica donde se pare. 

10ª) Si o xogador que ten o turno de tiro fose, a criterio do árbitro, molestado no momento de golpear a billarda poderá optar ou non por repetir o golpe. Cando o infractor sexa outro xogador, que o faga intencionadamente, será sancionado ca perda dos puntos acadados nesa carreira.

11ª) Os desempates que por calquera circunstancia houbera que facer, faranse a carreira completa entre os empatados. Si excepcionalmente se decide xogar á un só tiro, gañará o que consiga achegar a billarda mais perto do varal e sempre  que a billarda non saia directamente fora do terreo de xogo.


12ª) Cada  un dos  equipos  participantes  debe  ter  dispoñible  varias  persoas  para  arbitrar e levar o control das puntuacións dos palanadores en cada carreira. Tamén será responsaabilidade do equipo que organice o aberto  ter  todo disposto (marcar pistas, liñas de saida e de varal etc.etc. e, de ser posible dispoñer de una mesa e dúas ou tres cadeiras).
    En cada aberto, cada participante deberá abonar 2,00 € que se destinarán a trofeos e outros gastos como o seguro de resposabilidade civil. Os cativos de menos de 14 anos quedarán exentos de pago.

13ª) Os varados acadados en pavillóns, so se considerarán como tal, cando entren no varal directamente polo ar, sin tocar no chan ata ter traspasado a liña de meta.

14ª) Os horarios dos abertos serán respectados, tendo que comenzar en todo caso cun retraso máximo de 15 minutos.

15ª) No caso de que algún xogador solicite adiantar as súas carreiras, e sempre que ninguén do seu grupo se opoña, estas poderán disputaranse alternado cos outros grupos do seu campo ou todas seguidas, según se acorde a pé de pista.