RÍAS BAIXAS e NOROESTE “último acto”

0
160
NOROESTE
       Será en Ponteceso onde se decida o que falta por decidir, ou sexa, algunhas pequenas cousas e unha enorme, unha praza de Finalista LNB 2018. Unha das pequenas cousas é quen ocupará a segunda e terceira posicións do podio, acompañando ao Campión Collazo. Será o de Campo da Feira, Edu, ou o de Filloas de Sangue, Gándara? Outro pequeno detalliño é quen conseguirá a cuarta praza e con ela a vantaxe para o sorteo de grupos na Final Nacional. Os catro primeiros da Conferencia terán a condición de cabezas de grupo no sorteo da Categoría Absoluta. Isto significa que o primeiro coincidirá no seu grupo cun cuarto doutra conferencia, o segundo cun terceiro doutra conferencia, o terceiro cun segundo doutras conferencia e o cuarto cun primeiro doutra conferencia. Todas as demais posición sortearanse ao chou. 
       Finalmente, a enorme incógnita que se despexará o domingo nas instalacións do MELGA, será unha praza de Finalista. Andrade ten vantaxe de 4 ptos sobre Apóstolo, de 6 sobre Julio Vilas e 9 sobre Oscar Ponte, entón, os golpes máis emocionantes sairán dos brazos destes palanadores. 

RÍAS BAIXAS








Na última xornada da Conferencia Rías Baixas hai moitas cousas por decidir. Na Categoría Absoluta as dúas prazas de podio que acompañarán ao Campión, Xan Rodiño, están no aire. Así, ata 5 xogadores teñen posibilidades reais de alcanzar estes postos de honor. O normal é que se decida entre Salva, Ricar e Piru, xa que Daniel e Che terían que ter unha grande actuación e esperar que fallasen dous dos citados palanadores. 
     Na categoría feminina queda unha praza, aínda por decidir. Inés ocúpaa, mais con Zaira, Ainhoa, Vanessa e Cheli respirándolle na caluga. O Estadio Nacional de Billarda da Reiboa dictará sentenza. 
        A zona máis perigosa e, ao mesmo tempo, máis ilusionante é a da Categoría Absoluta que vai do posto 21 ao 29. Pois, as prazas de finalista esta temporada son 24 para a Conferencia Rías Baixas. Daquela, quen se quedará sen a FINAL LNB 2018? Verémolo mañá sábado. 
NOVAS DE ÚLTIMA HORA:  Acabamos de recibir a confirmación de que Charri non acudirá á esta última xornada e que Rial (posto 12) non poderá asistir á Final do día 27 de maio por motivos persoais. Polo tanto, a decepción que terán os dous xogadores de billarda convértese en alegría para outros dous que ocuparán as súas posicións. Serían, a día de hoxe Suso e Alberte quen entrarían entre os finalistas. Pero, Martín, Adriana e Papi están preparados para mañá dar o salto definitivo.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome