RESULTADOS LNB NORLESTE 4 xor San Miguel Reinante

0
370

Charly cortou os chourizos coma quen recolle flores, con precisión e rapidez.

 

 

Billardeiros continúa coa súa sinfonía que xa dura dous actos e gana en Reinante. Carabullo continúa o seu ascenso, lento pero seguro cara ao lugar que lle corresponde. Chaínzos resiste con solidez e Troitas apreta os dentes para defender a terceira praza da xeral. Billarda Verde obten o seu mellor resultado da temporada. Campo da Feira non tivo estrela e quedou no sexto posto. Sétimo foi Remourelle que non encontra explicación humana a tal resultado. Milio di que deben ser as divinidades efervescentes do lúpulo que non están co equipo Bull. Madia Leva estivo nos seus números. A Castiñeiro Milenario faltáronlle moitas castañas. É o que ten o tempo dos magostos, daquela non puideron facer máis.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome