RESULTADOS FIN DE SEMANA

0
153
O SÁBADO MARÍN FOI SEDE DO II ABERTO DE BILLARDA PUNTUABLE PARA O CIRCUITO DE VERÁN 2012. 
 OS DATOS DE PARTICIPACIÓN, ASÍ COMO A CLASIFICACIÓN PÓDENSE CONSULTAR NA ETIQUETA I CIRCUITO DE VERÁN 2012.

 40 participantes. Alta participación feminina 15. 
 AGUS 1º CLASIFICADO
DANIEL 2º CLASIFICADO
 ELENA 1ª CLASIFICADA FEMININA
 XAVI 1º CLASIFICADO INFANTIL

GHARABOTOS (CARA E CRUZ do equipo organizador)
Xogouse no parque Eguren, un lugar céntrico de Marín. O impacto visual do torneo foi enorme, pois durante o desenvolvemento do mesmo o público que estivo contemplando as accións dos palanadores e palanadoras foi moito. Xente que se paraba e se interesaba por ese xogo tan particular que consiste en dar golpes cun pau grande a outro pequeno, e que eles lle chamaban doutro xeito. Outra xente foránea que preguntaba que estabamos facendo. Nenos e nenas que se paraban e collían un palán na man e intentaban golpear a billarda, aínda que despois non se animaban a xogar. Mais, en definitiva, un pulo máis para este noso deporte, unha alancada máis para a LNB, neste camiño cara ao recoñecemento desta actividade como modalidade deportiva. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome