Resultados da 7ª xornada da Conferencia Norleste

0
472

Na tarde do 11 de Xaneiro disputouse a primeira xornada do ano 2020 na Conferencia Norleste. En Castro de Ribeiras de Lea xuntáronse un total de 86 participantes para competir no X Aberto da Galiña de Mos. Os premios de Castro de Rei, coma a lotería, estiveron moi repartidos… Primero premio para as Rías Baixas, segundo para o Noroeste e terceiro para Ponte de Outeiro.

A vitoria individual foi para Xan  Rodiño, o segundo posto na categoría individual foi para Collazo, xogador de Campo da Feira (Conferencia Noroeste), e o terceiro para Charly de Carabullo (Conferencia Norleste).

Na categoría feminina a vitoria foi para Irea (Carabullo), o primeiro posto para un/unha xogador/a local foi para Cortón (Chaínzos-Cadaval) e na categoría de equipos a vitoria inapelable foi para o resucitado Carabullo. O equipo máis lonxevo da Terra Chá deu un golpe… de palán e de efecto cun triunfo que os sitúa na segunda posición da xeral de equipos empatado con CHA e a 2 ptos do líder BMU. Ao mesmo tempo, calou a boca de analistas e medios de comunicación que se esquecían deles nos pronósticos para obter unha praza de FinaLNB 2020.

A xornada disputouse nunha tarde magnífica de sol, que se foi enfriando co paso das carreiras ata que chegou a Lúa. A iluminación das instalacións que acubillarán o novo campo de billarda de Castro de Rei, evitou apresenza da Santa Compaña . As últimas carreiras e o desempate entre 3 dos xogadores que lograron a cifra de 23 puntos, xogáronse con luz artificial. Regueiro tamén fixo 23 puntos, pero como tiña que desempatar con 3 xogadores moi superiores a el declinou facelo e marchou cos 23 ptos. Conformouse con mantér o liderado á mesma distancia do segundo Charly. TRO notou a ausencia de Sachas. Nin Gutierres foi quen de endeiretar unha tarde mediocre de Navallo  un dos puntais do equipo. Todos sabemos que o asturiano baixa o rendemento cando non xoga Sachas. En fin, manteñen o liderado individual, pero perden a praza de finalista na categoría de equipos. Noé, moi enfadado pedía unha dura sanción para o de Riotorto por coller vacacións neste momento clave para o equipo. Veremos que sucede.

Finalmente Villarino non deu chegado co elixir líquido para os Bulls e estes víronse en clara inferioridade

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome