Resultados da 3ª xornada da Conferencia Rías Baixas

0
586

85 persoas competiron na terceira xornada da LNB RÍAS BAIXAS. A maior participación do que levamos de temporada. O único Campo de Billarda da Provincia estaba en perfectas condicións, pero o vento Noroeste e o sol de fronte dificultaron os golpes, polo que as puntuacións non foron moi elevadas. O campo da Reiboa é un lugar único en Galicia para a práctica da billarda, polo cal calquera xogador e xogadora de billarda debe xogar, polo menos, unha vez nel. A lenda di que se non o fas de vivo faralo de morto. Desta vez, acercáronse desde A Laracha catro compañeiros da LNB NOROESTE para facer esta peregrinación ata o Estadio Nacional de Billarda de Poio.

No aspecto competitivo, nin o vento noroeste nin o terreo cheo de trampas freou a Corredoiras. O equipo de Bueu paseouse no Reiboa Estadio de Billarda e só Gharaboto estivo preto del, aínda que a 12 ptos de distancia. Na categoría de equipos femininos, o equipo Corredoiras Féminas non tivo rival e foi de tal magnitude a súa vitoria que da terceira posición na xeral pasou a encabezar a clasificación cunha diferenza de 10 ptos sobre Valpaços Terra Quente, actual campión de Conferencia. Nas categorías individuais, Piru (Gharaboto-MARÍN) ganou a xornada por diante de Daniel (Rinoceronte-Pontevedra) e Manu (Armadiña-POIO). Na Categoría Feminina ganou Bego Ríos (Corredoiras), segunda foi Chefa do mesmo equipo e terceira Lu (Lúa de Forza-SANXENXO). En Infantil ganou Ainhoa (Armadiña), segundo foi Óscar Caldas, compañeiro de equipo, e terceiro foi Hugo (Gharaboto).

 

 

Elena Sabarís (Armadiña)
Rosana (Armadiña)
Roi (APB Santa Marta)
Luís Pirucha (Gharaboto)

 

Clasificacións

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome