Resultados da 2ª xornada da Conferencia Norleste

0
393
Podio feminino

Magnífica participación de novo na Conferencia Mai. Desta vez foron 69 persoas as que se acercaron a Pontenova para xogar á billarda. Ademais, salientar que a participación feminina acada o 25 % do total. Foron 17 mulleres as que xogaron na Pontenova, algo fantástico, e este feito mereceu que por vez primeira se entregara un podio completo na Categoría Feminina. Troitas non coñece límites e despois de fichar a Brandon, agora embárcase na aventura de conseguir unha categoría de Equipos Féminas. Por se acaso, as Troitas xa teñen preparadas as súas xogadoras por se finalmente se establece a Clasificación de Equipos Femininos.

Pepe Outeiro (Chaínzos.Cadaval-CASTRO DE REI) ganou a xornada seguido por Navallo (Troitas Bravas-A PONTENOVA) e Markytos Billardeiros Musicais). En Féminas, ganou Geni (Billardeiros Musicais-RIBADEO), segunda foi Delia (Chaínzos-Cadaval) e terceira Dori (Billardeiros Musicais). Por equipos, Chaínzos-Cadaval non deu opción. O equipo de Castro de Rei foi o que máis se reforzou esta temporada. As fichaxes empezan a demostrar que Kiko acertou hipotecando a casa e as zocas para pedir o crédito e así poder pagar tanto chandal e tantos pinchos. O equipo castrexo acada desta maneira o liderado da Conferencia Norleste e a ver quen o para agora.

Podio invidual absoluto: David Navallo (Troitas Bravas), Pepe Outeiro (Chaínzos-Cadaval), Markytos (Billardeiros Musicais)
Chaínzos-Cadaval

 

Clasificación

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome