RESACA DA EMPANADA DE NÉCORAS

0
487

A xornada disputada en Eirís tivo como principal protagonista a empanada de nécoras que chegou das Rías Baixas para conquistar os estómagos… e a vitoria. Como actor secundario estivo o novo logotipo de APB, que aínda non encontrou o seu lugar na equipación do equipo de Trasancos. Como actriz de reparto citamos a Santa Marta, quen está a piques de abandonar a billarda… por problemas de axenda.

Imos por partes, primeiro sinalar que Abel Ponte non fai prisioneiros nin entre os seus compañeiros de equipo. Así, o campión LNB Infantil mandou unha billarda teledirixida e o bo de Lucas parouna coa pucha e co cranio.

 

Lucas atendido pola sanitaria María Caride. A inflamación non superou os 4 cm, polo que o palanador de Campo da Feira continuou xogando sen maiores problemas.

 

A participación infantil foi magnífica e Anxo Añón, con 5 anos, xa mostra o talento do seu proxenitor. Migui continúa coa súa progresión e semella estar ao nivel de Abel Ponte, tanto é así que encabeza a xeral Infantil.

ANXO AÑÓN

 

 

MARTA

 

Edu no banquiño recibindo as instrucións de Migui, pois a mañá non estaba sendo afortunada para o EGASA.

 

 

Vista de paxaro do campo de Eirís
Andrade co bastón de mando

 

Apareceu o Berdillazo e fendeu unha billarda como quen abre unha sandía

 

 

 

 

Tamén, fíxoselle unha foto como recoñecemento aos catro xogadores da Conferencia que son centenarios. Lois Fontán encabeza este cuarteto de comprometidos palanadores grazas aos cales continúa viva a práctica da billarda na provincia. Grazas compañeiros e mil primaveras máis para a billarda… e para vós, a alegría de quen se puxo a xogar e encontrou amig@s.

Xogadores da Conferencia Noroeste centenarios en canto a xornadas de liga disputadas

 

 

 

Aquí queda o audiovisual homenaxe a o equipo de Trasancos que inicia un novo camiño, esta vez laico, para chegar a Compostela.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome