QUINILLARDA

0
164

     

       Xa está no mercado a QUINILLARDA para o Play Off Nacional 2017. Encontrarédela nas pistas de billarda durante esta fin de semana e tamén o día 28 de maio no campo do Castiñeiriño-Compostela, onde se disputará o PLAY OFF LNB 2017. 
       Para toda persoa que se crea coñecedora do mundo LNB e que sinta que debe utilizar o don especial que ten para adivinar o futuro, aquí está a QUINILLARDA. Cada persoa que cubra a Quinillarda deberá depositar un euro. Toda a recaudación irá para quen acerte o pleno ao 4. No caso de non haber, a recaudación repartirase entre quen acerte 3. Se non hai, repartirase entre quen acerte 2. Se hai pleno e só neste caso, tamén se obsequiará a quen teña 3 acertos con viño do Salnés, no caso que houbese acertante ou acertantes de 3. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome