Que é a billarda

0
967

A Billarda é un deporte que ten unha liga desde o ano 2005 (LNB). Está baseado nun xogo que se practica desde a idade media en Galicia e noutros lugares do estado español. Así, en Canarias e Extremadura chámase Billarda, en Castela Estornija, en Asturias, Liriu, en Euskalerría, Txirikila, en Cataluña, Bèlit. En Galicia o xogo coñécese por diferentes nomes segundo a zona xeográfica. Algúns dos nomes son os de Billarda, cachiza, estornela, lipe, pincha, pateiro. Polo de agora, non hai estudos científicos que chegaran a descubrir a orixe deste xogo. O que si se sabe é que está estendido por todo o planeta. Así, en Pakistán e na India, chámanlle Guli-danda ou Gilidanda, en Corea, Jachigi, en Alemania, Kibbel-kabbel, en Malaisia, konda kondi, en Italia, Lippa, en Filipinas, Syatong, en Inglaterra, Escocia, Irlanda e USA Tip-cat ou Piggy, en Eslovenia, Pandolo, en Nepal, Dandi Biyo, en Cuba, Quimbumbia.

     COMO SE XOGA

• Este deporte ten por obxectivo chegar a superar a liña do varal coa billarda. Para isto os/as palanadores/as sitúanse na zona de saque e desde alí golpean a billarda, que está no chan, nunha das súas puntas para que dea un chimpo. Despois, cando está no aire hai que desprazala con outro golpe. A orde de lanzamento é consecutiva.

• En cada quenda, o/a xogador/a só ten unha opción válida de golpe, é dicir, sempre que toque a billarda co palán, aínda que esta non brinque, considérase opción de tiro e a quenda pasa ao seguinte palanador ou palanadora. Unha vez a billarda está no aire pódeselle golpear tantas veces como a habilidade de seu o permita. Ao mesmo tempo, cando a billarda despois de brincar xa toca o chan e é golpeada posteriormete deberá volver ao lugar onde tocou por vez primeira o solo.

• Se a billarda é golpeada e sae directamente fóra do terreo de xogo deberase recoller a billarda e situala outra vez no mesmo lugar para dar o seguinte golpe. Se antes de saír dos límites do campo toca o terreo de xogo, deberase situar a billarda sobre a liña, no lugar por onde saíu, sempre que sexa polos laterais do campo. Cando sae pola liña de fondo deberase recoller a billarda e colocala de novo no lugar do último golpe.

• Segundo se vai entrando na liña do varal consíguense puntos.

ZONA DE SAQUE

(lugar desde onde se sae). Un cadrado de 60 x 60 cm. marcado no extremo do terrero de xogo oposto ao Varal.

PALÁN (pau que se agarra coa man e co cal se golpea a billarda) Será de madeira e cunha lonxitude máxima 60 cm. O seu diámetro máximo será 3 cm e mínimo 1,5 cm. Levará unha cinta de seguridade para o pulso.

BILLARDA

(pau que se coloca no chan e que é golpeado co palán) Será de madeira e cunha lonxitude máxima de 25 cm e mínima de 18 cm. O seu diámetro máximo será de 3cm e mínimo de 1,5 cm.

VARAL

(lugar ao que hai que chegar coa billarda) Dúas varas verticais ou dous postes. Se a billarda vai entre as dúas varas a altura que sexa, é punto válido. Distancia entre as varas: 3,60m.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome