PRIMEIRO ESTADIO DE BILLARDA DO MUNDO

0
186

 

 A 75 horas da inauguración do primeiro campo de billarda do mundo así están as obras: o superficie está preparada, mais os varais aínda non. Ou sexa, o 50% da obra está rematada. Se Brasil foi quen de finalizar todas as infraestruturas para a Olimpiada 2016, tamén Armadiña e o Concello de Poio o farán.
 

Estado do REIBOA BILLARDA AREA ESTADIO a 75 horas da súa inauguración

   Na foto de abaixo vemos unha pintura de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao na cal se fundamentou a LNB para confeccionar os campos para xogar á billarda. Este primeiro Area Estadio segue este modelo marcado nos anos 20 do século pasado polo pintor de Rianxo. Aseguran desde Armadiña que “a herba medrará…, cando medre. Sementada está”.

Terra de montaña ca. 1922-29. Técnica mixta s/ papel. Museo de Pontevedra

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome