PREVIA LNB NOR … o whatsApp arde e máis alá… Campóns-Pravio dous lugar, un destino

0
260

A Conferencia Noroeste sempre está ofrecendo oportunidades para ser un dos referentes da crónica social da LNB. Desta vez, a previsión de Meteogalicia que prognostica a chegada dun fronte de choiva para o domingo foi o centro dun debate ardoroso e apaixonado. A decisión non foi fácil de tomar, pois había posicións encontradas. Así, o cuestionamento era se trasladar a xornada que estaba prevista para disputarse no campo da Balastreira ao pavillón dos Cambóns ou á pista cuberta de Pravio. Ben, pois temos un documento inédito e a todas luces conseguido de xeito ilegal. O Villarejo da LNB NOR, o Anacoreta de Seixas, infiltrouse nas redes sociais e no whatsapp do NOR para conseguir que se coñeza a verdade deste polémica decisión. A liga está rematando e os equipos usan unhas estratexias legais e outras ao xeito da Laracha para lograr o seu obxectivo de clasificarse para a FinaLNB 2020. En definitiva, vós mesmas xulgaredes, vós mesmos interpretaredes as imaxes e as palabras. Mais, por favor, non xulguemos ao mensaxeiro… das Landras, senón ás persoas que teceron plan tan brillante como propósito perverso e demoníaco agocha.

Vaia, antes imos rematar coa serie de audiovisuais de animación sobre o que estiveron facendo os equipos NOR durante o Entroido. MAC e APB son os dous equipos que se xogan a única praza que queda para a FinaLNB 2020. MAC recibiu a Greta Thunberg e APB enviou a Vilas a coroar o Monte máis alto de Bergantiños.

 

Cada quen buscou a concentración onde lle pareceu máis axeitado. A ver que efectos terá sobre os resultados do vindeiro domingo.

Agora, chega o momento de observar o audiovisual que mostra as cloacas da LNB NOR. O noso reporteiro xogouse parte do seu físico, só parte, pois a outra parte xa a ten bastante desencaixada. “Ben merece a pena este sacrificio meu por manter a boa saúde da billarda. Debemos limpar os sumidoiros da LNB“, afirmaba o Anacoreta Landras, quen por precaución está vivindo nun zulo na Pena dos Ladróns (Seixas-As Somozas). A súa incursión pon ás claras toda estrataxema, artimaña, argucia e maña que se usa para sacar réditos deportivos das construcións, superficies e dimensión dos terreos de xogo. Sabemos que imos ter problemas coas autoridades competentes, non obstante, que sentido ten ocultar a escuridade … entón, isto é todo o que podemos contar e nada do que calamos o estragará.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome