PREVIA DA 6ª XORNADA LNB NOROESTE

0
98
       O domingo dispútase a 6ª xornada na Conferencia Noroeste. Será na Laracha, concello referencia da Conferencia, igual que nos seus inicios foi A Coruña e despois Cerceda. Na actualidade, Este concello da comarca de Bergantiños ten a maior densidade de palanador@s por quilómetro cadrado da Provincia da Coruña. 
           Adentrándonos un pouco na historia da Conferencia Noroeste, diremos que sempre foi o lugar máis visitado por palanadores e palanadoras doutras Conferencias. Así, entre @s participant@s de cada xornada encontrábanse xogador@s que pertencían a outras Conferencias LNB. A media de participación desde o 2010-2011 supera os 20 xogador@s, pero cando facemos os números sen contar a es@s xogador@s que pertencían a outras Conferencias a media non supera os 20. A competición Noroeste pasou por dúas crises moi profundas de participación que fixo pensar na súa desaparición. Así, na temporada 2013-2014 houbo unha media, sen contar as persoas doutras Conferencias, de 10 xogador@s por xornada e na 2015-2016 a media foi de 12. 
       Non obstante, a afouteza da xente Noroeste é lexendaria, e con tal atributo conseguiron que a billarda se escoite no Atlantico. A recuperación xa se notou na temporada pasada, cando a media chegou a 26, contando só xogador@s da propia Conferencia. Esta temporada os números están por enriba dos 30, algo impensable ao comezo deste ano competitivo. Polo tanto, interpretando os gráficos dos últimos 8 anos, podemos dicir que esta Conferencia, que foi lugar turístico para billardeir@s doutras latitudes, está consolidando un alcouve de palanador@ indíxenas que garantirá o futuro da LNB. Ese obxectivo de chegar aos 50 participantes semella máis preto. 

       Cos números de participación actuais, as prazas para o Play Off serían 10. Daquela, a loita para certificar o dereito a competir pola Coroza 2018 está moi aberta. Tanto que, excepto Collazo, os demais deberán aproveitar ata a última xornada para acumular puntos, e este ano son 15 xornadas en lugar de 12. Haberá que encontrar a regularidade. Ollo que xogadores de prestixio contrastado están fóra destes postos, poñemos por caso a Apóstolo, Berdillo, Viqueira e Oscar Ponte. 

     
  A clasificación de equipo só ten dúas cores, a branca de Paiosaco e a Vermella da Laracha. Pouco poden facer Filloas de Sangue e Malpica, e xa non digamos Cochiqueiros, xa que estes equipos teñen un déficit de xogadores e xogadoras que nos lles permite competir de igual a igual contra os dous dragóns da Conferencia. As secretarías técnicas destes enormes equipos acertaron coa política de formación. A día de hoxe, as súas canteiras de palanador@s están entre as mellores da LNB. 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome