PREVIA da 5ª xor LNB NOR (Boedo CULLEREDO)

0
329

 

 

Esta claro que as clasificacións indican unha tendencia descendente de APB. Quizais sería demasiado retórico analizar de xeito psicoanalítico esta profunda crise de resultados dun equipo deseñado para respirar detrás da caluga de Campo da Feira. Polo tanto, imos resumir nunha única foto o que está sucedendo no equipo vermello. Esperamos que esta acción de transparencia e sinceridade sexa o inicio da remontada. O equipo da Laracha, que esta temporada se trasladou a Trasancos, acaba de ser superado por MAC e sitúase fóra das prazas de finalista LNB, cousa que alarmou aos seareiros do equipo. Sabemos que o seu capitán Julito Vilas leva varios días sen durmir e está pensando en retomar a súa afición a montar equinos. Incluso pediu permiso á LNB para crear a sección de Polobillarda (billarda que se xogaría desprazándose en cabalo polo campo, porque a el o que o mata é ter que recorrer esas distancias quilométricas entre golpe e golpe de billarda).

 

Pola súa parte, MAC está sufrindo unha metamorfose espectacular. Debido en gran parte ao sistema de adestramentos que implantou LITO PENA no equipo. Se ata os antisistema e anárquicos Berdi e Viqueira aceptaron probar a estricta dieta e táboa de exercicios. Para mostra, as fotos que nos enviou Lito. Están usando as instalacións excelentes do MELGA.

 

Este método bautizado como método PENA … R, xa esta sendo probado por outro palanador que non está en boa forma esta temporada e quere recuperar o seu nivel. Como non ten o permiso do seu equipo, pois, adestra de incógnita nas instalacións do MELGA. Temos a foto do antonte fantástico palanador, pero, hoxe en día, mediocre palanador. Non podemos desvelar a súa identidade.

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome