PREVIA 2ª xor NORLESTE Aberto do Ferro A Pontenova

0
158
       Foi no 2011 cando se celebrou o primeiro Aberto do Ferro. Desde aquel momento, a Praza dos Fornos convertiuse nun dos sitios con máis encanto para xogar á billarda. O lugar ten unha enerxía especial que fai que cada golpe na madeira das billardas resoe no frío ladrillo dos cinco FORNOS, noutra época cheos do lume purificador. Ademais, os estreitos campos enlousados fan deste Aberto un dos máis atraíntes para competidores e competidoras. 
       O certo é que, analizando os resultados históricos, podemos confirmar que este territorio é territorio Regueiro, pois das 7 edicións subiu ao podio en 4 delas. A primeira edición levouna o de Troitas Bravas, noutra quedou segundo, e noutras dúas edicións foi terceiro. Tamén, vemos que ninguén recuncou subindo ao máis alto do podio. 
       

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome